This slideshow requires JavaScript.

Hoxe quedamos como sempre no riló, pero máis cedo que de costume. A inusitada puntualidá pa presentarse ás 8 da mañán indicaba a ansiedade dunha viaxe longamente esperada. Chegamos uniformados de gris, algún con toda a casa a costas. Arrebolouse coas mochilas e bolsos nas furgallas tomando un pouco menos de cuidado que coas máquinas. 14 aventureiros, 2 envexosos e unhas mosas entre aliviadas e preocupadas polos seus queridos citados en Cangas pa despois recoller a Marzochi e Andrés en Vigo.

Aos do faro de vigo (nunca máis en maiúsculas) pareceulles máis importante contar que se lle deu unha man de pintura ao Bar Alondras que facer unha fotiña aos que pasearán unha digna imaxe do Morrazo pola península adiante. Eles o perden.

Alberto, un home aparentemente serio, dirixiu con man de ferro os ritmos e paradas para garantizar orden, velocidá e educación na panda de presuntos deportistas perpetrando a escapada ás terras do leste peninsular.

A fugaz parada na Limia foi preludio da larga etapa que nos conduce a Pancorbo xa que Alberto tívonos controlados ata que a fame case se traduce en agresividá. A experiencia e sabiduría dos veteráns xa se deixou ver cando da Toxeira foi o único en cambiar o café por un bocadillo na única parada da mañán. Os da carreta verde con forma de juevo case baixan a empuxar polo Padornelo arriba. Durante a ruta puidemos deleitarnos con diversos entretementos como os montes nevados ao deixar Galicia, as pálidas posaderas de don Alberto e a bellísima imitación que Besbello fixo de Ana Torroja. As terras Castelás invitáronnos xa a botar algunha cabezadiña entre aburridos panoramas mesetarios que días máis tarde “disfrutaríamos” en todas as súas dimensións.

Na comida o tío da vara mostrounos o pouco responsable que é ao rebanarse unha man intentado partir un cacho de pan burgalés. Con todos comidos e mexados tiramos a recoller a roupa do club en Llodio (uns) e a deixar o coche de aluguer en Pamplona (outros). Despois soubemos que os Pamploneiros non perderon o tempo e déuselles por establecer relación bilaterais coas mozas locais, conseguindo ser invitados a posteriores visitas.

Tanto entretemento fixo que chegasen xustos pa cear. O menú peregrino foi a nosa primeira actividá xacobea e despois dispuxémonos a entrar no bar do hotel pa berrar, beber e rir. Comezaron a circular chupitos e quixemos arreglar a ruta nunha noite nun bar. Xa calmados, fixemos con ilusión o reparto da nova roupa do clube, e fomos a camiña, cadaquén a aturar o mellor posible os nervios ante 9 días de barro, chuvia, frío, vento, costas, dores e sudor. Está claro que imos divertirnos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s