This slideshow requires JavaScript.

O primeiro día acaba nun pequeno pobo. As intensas negociacións de Andrés e Esther (o noso equipo de apoio) fan que nos poidamos aloxar nun pintoresco albergue con 12 persoas nunha habitación para 10. Primeira experiencia de dormida grupal , de interminablemente ruidosas madrugadas.

O entusiasmo da primeira etapa exitosa, gañando quilómetros ao plan inicial, levou a darse unha alegría regada de cerveza, viños e chupitos. Algún cántico acompañado doutros peregrinos e para ir á cama a horas case razonables.

Noites alegres e mañáns tristes: o terreo do principio resultou moi favorable así que superamos as consecuencias da festa dignamente.

Pasamos Estella, un pobo realmente bonito que conta con innumerables igrexas e, por suposto, a correspondente ponte medieval. Creo que nunca máis na vida nos chamará a atención unha desas pontes de pedara antiga, unha costiña e amplos arcos: son incontables no camino. Ao deixar Estella ímonos adentrando, en lixeira subida, por amplos campos cheos de vides que anticipan a pronta chegada á Rioja.

Ao pouco de deixar Estella atopamos a Bodega de Irache, e o entusiasmo case fai que os “pros” pasen a fonte do viño sen a obrigatoria parada. Como era de esperar, o caldo non era espectacular, só se parou mollar os labios, fotos e amagar con encher o camelback para seguir pola subida longa e só ao final pronunciada.

Sucédense pequenos e pintorescos pobos para, deixar un deles por unha vertixinosa baixada de formigón que pronto cambia a gravilla, unha curva con peralte cambiado e Diego contra as silvas. Fixo unha boa cama nas silvas, tan boa que Manu (presi) fai a mesma trazada e mesma caída: “cuando abrí los ojos vi una cabeza entre mis piernas”. Diego levou a propia ostia e a que lle mandou o presi con ese cu macizo que lle escarallou o casco, o naris e case a cara enteira. Tras o incidente díxose que en adiante iríase con máis sentidiño (jajajaja).

A mediodía tómanse os bocatas tras a visita á bodeja de Rioja déixase Logroño. Pásase por largos e impresionantes quilómetros de parques. Tanto Logroño como Pamplona deixáronnos ancantados polas amplas zonas axardinadas e facilidades para circular en bicicleta. Máis impresionantes os animos de Pichón e Besbe para deleitarnos con rancheras e outros cánticos que sacaron o sonriso a moitos camiñantes a alegraron aos que decidimos que o seu pedalear tranquilo era o noso.

Unha suave subida e o primeiro sol castelá que enroxeceu as nosas pálidas peles para chegar a Nájera, un pobo era grande e feo, o albergue aínda peor. O único de interés é a francesiña de minifalda que fai tempo diante do albergue antes de recollerse e ir a durmir. Novamente os nosos anxos da garda búscanos mellor albergue en Azofra así que subimos 6 km para chegar a un minúsculo pobo cun moderno albergue q usó ten  dúas camas por habitación (un luxo).

O segundo día de pedales provocou máis moderación nos licores e un descanso tranquilo porque non sabíamos a que se nos viña encima. Os nosos cús xa comezaban a molestar considerablemente. Os perfiles son o menos complicado destas etapas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s