This slideshow requires JavaScript.

ETAPA 3: Welcome to Castilla
A confortable noite no albergue de Azofra dá paso a un, como non, pausado desayuno. Fixádevos se somos desorganizados que ata as camareiras no-lo din, como foi o caso. Comézase con terreo en lixeira subida por pistas boas ou sendeiros entre enormes plantacións. O ceo é ameazador, nubes con tons violáceos anticipan sorpresas desagradables. Chégase a unha especie de “mini Seseña”, unha urbanización nova e aillada, completamente baleira cos carteis de “se vende” asomando na metade dos balcóns. A verdade é que a maioría dos pobos atopados estaban coidados pero desérticos: sera que añoramos a nosa queridísima e vital ría de Vigo. Nas últimas rampas pásannos dous de verín cos seus kilos de alforxas. Un deles mesmo rompeu un pedal (arremecájona que forsa deben ter os cabróns).
A baixada corta e rápida por pista fácil condúcenos a Santo Domingo de la Calzada onde repeito fai fotos a patacas, mmmm, será o mal de altura. O lugar é espectacular cun casco vello bonito, amplo e ben conservado. A cidade é un auténtico monumento. Eu probei o “milagro de santo”, un doce con forma de cabalo recheo de “cabello de angel” moi sabroso e servido por pasteleira rusa. Boa falta nos farían os miragres máis adiante.
Escandalizámonos polo alto prezo de visitar a catedral e, ao sair, atopamos aos outros dous acompañantes dos de Verín: viñan destrozados polo peso das mochilas, buscando transporte a Galicia polo que nos ofrecemos a levarllas nas furgonetas, cousa que agradeceron con regocijo.
Dende Santo Domingo ascéndese ao alto da Pedraja. O primeiro tramo, de pista entre enormes plantacións, é levadeiro. Tras xuntarnos en Grañón dispoñémonos a seguir acompañados duns amigos cataláns que presumían de montañas e dureza meteorolóxica na súa terra. O camiño acércase á N-120 e o vento aumenta sen cesar. Faise imposible pedalear pola forza, constancia e dirección contraria do vento. Sempre en contra, o vento fainos levar plato pequeno polos llanos, sen pasar dos 10km por hora nin sequera nos tramos máis favorables. O vento non nos colle preparados nin organizados así que o pelotón despedázase e os pequenos grupos loitan como poden contra eolo. Levantñabase o polvo en remuiños, ata que comeza a chover: un curioso fenómeno cando as nubes aínda estaban a varios quilómetros (estamos chegando a castilla, unha terra moi rara).
As pistas anchas rematan no pobo da Pedraja onde nos xuntamos e cagámonos na nai que pareu ao que sopla. Paramos entre unha choiva intensa e insistente para coller un sendeiro cortiño pero empinado e barrento. Pronto chegamos ao alto por pistas entre árbores desprovistos de follas polo letargo invernal por enriba xa dos 1000 metros de altitude que nos protexen do vento durante os últimos quilómetros de ascensión. Cando comeza o llaneo e baixada atópanse amplísimas pistas entre piñeiros que favorecen novamente a entrada do vento de frente. Non hai xa reunificación posible, imos case de a un, e a lixeira baixada salpicada de chuvascos fríos e intensos lévanos ao minúsculo pobo de San Juan de Ortega. Aquí os bocadillos de mediodía sorpréndenos por estar feitos, por primeira vez no camiño, cun pan realmente bo. Os compañeiros cataláns xa están cambiados porque fixeron a subida por asfalto e pensan seguir en coche os 30 km ata Burgos. Vaia, vaia, disque tiñan medo a enfermar: aquí vese de verdá a rasa boa.
Seguimos llaneando por asfalto ata Atapuerca para afrontar o que no perfil era unha tachueliña minúscula. Foron uns 2 kilómetros de subida dura e moi pedrenta. Un tramo que faría as delicias en calquera marcha na nosa terra pero acaba coa moral e as forzas tras 60 kilómetros de loita contra o vento. Na cima vemos unha espiral xigante (uns 30 mts de diámetro) feita por peregrinos con pequenas pedras e pareceunos todo un espectáculo a visitar. Ábrense lonxanas vistas e comezamos a divisar as planicies castelás dende o amplo prado da cima para lanzarnos por un descenso suave e co vento outra vez de fronte. Minúsculos pobos e camiños anchos condúcennos á entrada de Burgos co grupo outra vez deslabazado e cabreado pola falta de harmonía.
A entrada a Burgos é horrenda e perigosa, por unha avenida moi longa e transitada. Apenas vemos as marcas do camiño, xa que están á esquerda, e non conseguimos coordinarnos para entrar xuntos. O frío comeza a ser intenso e temos que soportar algún chaparrón xeador. Cóstanos disfrutar da incrible catedral gótica nese estado xa que estabamos cansos, fríos e fartos.
Seguiríamos 6 quilómetros máis para durmir nun sitio tranquilo e barato. Á saída da cidade comeza outra vez a chuvia intensa acompañando ao vento polo que nos acabamos divididos en dous grupos. No segundo vai con xente de sentido común, estráñase de non ter o pobo á vista polo que chama aos anxos da garda. Evitámonos así facer uns quilómetros de máis, non como os que van mirando só para adiante.
Foi a segunda etapa consecutiva de máis de 100 quilómetros, un novo reto superado. Nesta etapa os cús xa se resentiron cruelmente. O vento, chuva e frío fíxoa durísima e o menda acabou cunha dor de garganta que ameazaba a miña continuidade na aventura.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s