This slideshow requires JavaScript.


Etapa 4
O día amanece co ceo case despexado e comezamos a llanear polas interminables chairas castelás. Pronto o vento péganos de frente cunha forza criminal. Quilómetros interminables co vento de cara no medio de inmensas panorámicas de chairas nos que os pobos distaban máis de 15 quilómetros entre si. Os avisos de temporal notáronse en ráfagas que fixeron que a etapa parcese ter un porto de montaña de máis de 50 quilómetros sen que ascendésemos un só metro.
O peor estaba por vir. En 50 metros de lama, as bicicletas de máis de 2 ou 3 mil euros quedan inutilizadas por un barro pejañento que impedía incluso que xirasen as rodas. Non podíamos nin sequera empuxar as bicis xa que as rodas estaban bloquedas polo barro. Tras media hora tentando limpalas baixamos a un pobo para recuperar forzas e, sobre todo, moral.
A etapa continuou con pelexa constante contra o vento, con pouco de interese que contar, salvo que por primeira vez perdemos distancia sobre o plan de viaxe previsto. Tamén é de destacar que fomos todo o día pegadiños un saos outros en lugar de ir separándonos en grupetos. Por fin conseguimos organizarnos e axudarnos contra o vento.
Alá polo quilómetro 50 chéganos unha subida dun quilómetro cun desnivel brutal. Aí os pros lúcense e Calleja, cos ollos fora das órbitas (en palabras de Alberto) tenta seguilos pero só consigue acabar coa moral. O compañeiro Costasruiz rebautizouse como Calleja, o aventureiro gracias ao inxenio de capitán marzochi.
Os últimos 20 quilómetros foron por unha interminable estrada totalmente cha e recta que nos conduce a Carrión dos Condes. O grupo despedázase e desmoralízase para chegar cansados e, sobre todo, desmoralizados, e aínda por riba sen cumplir os quilómetros previstos así que perdemos parte da vantaxe conseguida nos días anteriores. Aceptamos durmir nun convento onde había que recollerse antes das dez.
A cea foi aceptable nun pequeno restaurante. Non faltaron, como sempre, unhas poucas risas, chupitos, vaciles e recordos de anécdotas do día.
A ducha foi máis ben fría para a maioría e apagáronos a calefacción en canto nos despistamos a pesar de que a noite era xélida. As monxas estas de Santa Clara sonche ben ajarradas. Iso si, foron amables e deixáronos de regalo unas cucarachas paseando polo dormitorio. Durmimos xuntos os catorce nunha habitación/barracón onde puidemos disfrutar de ronquidos, risas, e desvelos nunha noite de pouco descanso. Algúns lavaron roupa a man xa que varias etapas de chuvia fan que a roupa disponible escasee. A miña gorxa seguía doendo mentres a todos nos ían aparecendo novos dores musculares.
O lado bo é que os cús resíntense cada vez menos: ben porque hai outras cousas nas que pensar ou pola incrible capacidade de rexeración do corpo humán.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s