This slideshow requires JavaScript.

Etapa 5
Tras unha noite de complicada convivencia nun barracón e desayuno rápido partiuse coa idea de facer unha quilometrada importante. Xa completáramos dúas etapas de máis de 100 quilómetros (a 2ª e 4ª) e decidimos acabar coa meseta dunha vez por todas. Tamén interesaba achegarnos ás montañas para que non coincidisen ao final das etapas así que nos mentalizamos de que ía ser un día de moitas horas de pedalada.
Foron finalmente 8 horas de pedaleo acordándonos dos nosos sufridísimos cús para completar 120 quilómetros.
O día amanece xélido e cun pouco de vento de cara así que imos tirando agrupados achegándonos xa á provincia de León.
A entrada a todas as cidades de castela é penosa. Longas avenidas con moitísimo tráfico e escasas sinalizacións fan que acabemos polas aceras e en direccións proibidas para seguir polo camiño. Se en Pamplona e Logroño os accesos estaban cheos de carrís bici, rúas peatonais e saidas seguras, calquera cidade castelá era unha trampa mortal na que un ciclista podía levar innumerables multas se os de tráfico se poñen a vixiar os nosos caóticos devaneos en busca do camiño de Santiago.
A etapa discorre por interminables rectas cunha fileira de árbores recen prantadas que non dan sombra nin cobixo nin atractivo á ruta. Tras ir agrupados uns 60 quilómetros, 10 antes de chegar a León, os nosos anxos da garda atopan un paraíso. Dende fora é unha especie de casa ocupa chea de coloríns e pintadas. Cando entras é aínda peor porque todas as paredes están cheas de refráns, recordatorios e dedicatorias escritas con rotulador. Un individuo duns 45 anos e boina encárgase de todo, pon música reggae mentres prepara tortillas, bistecs, corta queixo e prepara cafés. A situación é caótica e resulta que só toman tortilla os máis espabilados (marzochi e pichon están entre eles) pero a situación é divertida e reconfortante, porque o tipo non perde o sorriso nin a parsimonia. Un pouco de caos e sinrazón entre tantos campos cuadriculados e estradas rectas é de agradecer. Tras 4 horas de pedalear por pistas asfaltadas sen desniveis perceptibles atópase unha pizca de excentricidade que nos recorda que o camiño segue sendo diferente.
Cada día, a iso das dúas da tarde, os nosos anxos da garda, selecciónannos un local onde comer uns bos bocadillos quentes, cervexas, cafeses e o bo ambiente que precisamos para afrontar unha tarde sen destino fixo nin duración determinada. Os atardeceres esperando a que os nosos anxos da garda nos digan onde imos cear, durmir e troulear lévanse con humor ao saber que estamos nas mans de xente iluminada. Esther é condutora, guía e sabia negociadora que sempre nos atopa cobixo e comida boa e barata.
Decidimos superar León e no seguinte pobo non hai prazas así que rematamos en San Martín del Camino. Galicia achégase, o trato é diferente, a ración ten outra medida. Paramos a ver o impresionante interior da catedral de León para continuar rápida mollados e cheos de frío. A saída é mellor que a entrada por ter rúas peatonais e monumentos destacables.
En San Martín del Camino, os anxos da garda conseguen habitacións dobres a prezos moi razonables e tomamos as cervexas que irían quentando a animada cea. Unha sopa aceptable deu paso a uns bos pedazos de carne guisada con moreas de patacas fritas. Pódevos parecer insignificante o detalle, pero achegámonos a Galicia e os platos énchense de patacas, as botellas baleiras sustitúense sen que faga falla avisar, os chupitos están incluídos no menú e as cancións saen da alma. Besbello é o noso trovador na cea, igual que o é nalgúns tramos das nosas pedaladas. Marzochi é o provocador e Pichón o instigador. Sabina, Siniestro Total ou calquera canción clásica ou típica vai axudando a crear unha noite máxica e chea de alegría, risas e cánticos populares. As cancións e chupitos invitan a estar alegremente arredor da mesa sen preocuparse da etapa seguinte. Chegados a León estamos case na casa e unha boa papatoria lévanos a unha troula arredor da mesa onde brindamos polos camareiros, cociñeiros, polos anxos da garda, por Galicia, polo Camiño e pola cona que nos botou.
Unha noite máxica que nos levanta a moral tras superar a dura proba da interminable chaira castelá.
Se Costasruiz era Calleja, agora Alberto será o Sputnik, Chapela o Cucharilla e Alberto seguirá escoitando o consello de “vai facer spinning, corre”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s