This slideshow requires JavaScript.


Etapa 6

A etapa promete emocións fortes porque temos que subir un porto que chega aos 1500 metros, a mítica Cruz de “Fierro”. Temos case 30 quilómetros tirando para arriba así que nos mentalizamos pensando nunha etapa relativamente corta. O obxectivo é chegar a Cacabelos, xa no Bierzo, cuns 85 quilómetros de travesía. As rampas e a ameaza de neve eran as nosas principais preocupacións, tamén recuperarnos da enchenta do Albergue Santa Ana e que pare dunha vez o tortuoso vento que vimos sufrindo.
Se a cea foi abondosa e familiar, o desayuno non se quedou atrás. As tostadas de media barra, botes enteiros de manteiga ou mermelada caseira, tazóns de medio litro e zumos sen límite permitíronnos sair cebadiños e contentos. Durmimos cos colegas de Verín, que saíron media hora antes ca nós pola mañán.
A perezosa arrancada levounos por uns quilómetros máis de Chairas para comezar de forma suave pero constante a subida á cruz de Ferro. O tempo era nublado pero seco e seguimos camiños paralelos á estrada cunha boa morea de peregrinos a pé. Ao noso arredor aparecen montañas nevadas por todas partes e preguntámonos constantemente cal será a nosa. Tras as rampas máis suaves atopamos xente que nos avisa que o camiño está impracticable por culpa da neve derretíndose con torrentes e lameiras interminables. Seguimos teimudos coa idea de seguir os camiños ata que nos chaman os compañeiros de Verín dicindo que deron volta porque ían ter que empuxar a bici para arriba moitos quilómetros. Decidimos seguir o consello e subimos o larguísimo pero non excesivamente duro porto ata os nevados cumios. Aínda que nas últimas rampas aparece neve, a cousa non pinta tan mal como no-la contaran. En realidade quédanos pena de non pelearnos con eses camiños, só Repeito a subiu polos camiños e díxonos que non era tan grave a cousa.
Tómase o bocadillo de rigor cando estamos case na cima e continúase a ascensión ata as partes máis nevadas. Un alto para xogar coa neve na cruz de Ferro e a seguir, xa por camiños, ata o seguinte alto. Foi un tramo inesquecible por carreiros pedregosos ou enlamados e rodeados de neve por todas partes. Paramos nunha aldea hippie onte nos invitaron a pasar, explicaron como facían para ser autónomos do exterior ao non precisar enerxía nin comida e nos presentaron ás súas mascotas.
Un par de quilómetros para chegar arriba de todo e comezamos o descenso de vértixe. Moitos baixaron por carretera pero 5 lanzámonos polos pedrentos camiños ata que Alberto decide adiantarnos a un ritmo imposible e racha varios radios da roda. O resto da baixada debe continuar pola sinuosa carretera ata que nos reunificamos e reparamos averías. Un dannificado por problemas musculares debe seguir a etapa dentro da furgoneta e o resto entra na parte de León máis próxima a Galicia, a máis rompepernas. Crúzase Ponferrada case sen parar a admirar o Castelo do mesmo centro urbán, para lanzarse polas terras vinícolas do Bierzo uns 20 quilómetros máis na busca de Cacabelos. O bierzo ten turistas ademáis de viño. Os hostais, pensións e albergues resultan estar cheos polo que debemos continuar outros 20 kilómetros na busca de cama e facer así unha etapa que supera novamente os 100 quilómetros, con puertaco incluido.
Estes últimos quilómetros colléronnos sá moi cansos e co día ben avanzado. Foi a única etapa que creo que se nos fixo a todos interminable, chegando a pedelear ata as 8 da tarde con paradas escasas. Nas últimas rampas nin se fala nin se queixa a xente, só hai que seguir para adiante aínda que doia, non hai máis remedio.
Finalmente quedamos en Villafranca del Bierzo, nun albergue-jaliñeiro. Un ático cunhas 25 camas de ruidosos peregrinos. Ese día pedaleamos ata cerca das 8 da tarde polo imprevisto problema de aloxamento. Unha pena ter que pasar de largo Cacabelos: semellaba bonito e animado. Aínda por enriba tocou cear a correr xa que o albergue pechaba ás 10.30. Foi así unha cea rápida e tranquila nun restaurante ateigado pero eficiente.
Por outra banda xa estábamos no Bierzo, ás portas de Galicia. Os carballos e as aldeas perdidas comezan a aparecer. Parcelas máis pequenas e casas ailladas, carreiros, regatos e pequenas montañas facían que nos sentísemos un pouco xa na casa. Durmimos entre temerosos e ansiosos pola feroz entrada a Galicia que nos agardaba ao ter que subir o Cebreiro con parte meteorolóxico invernal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s