This slideshow requires JavaScript.

O 12 de Setembro, o clube Bike ou Non Vai organizou, por primeira vez en Cangas, unha competición de descenso semiurbán. O evento cruzou o centro da vila achegando así esta espectacular modalidade a todo tipo de público. Deste xeito, os cangueses e visitantes puideron, en palabras de Manuel Santos, presidente do clube organizador:. saber cual es el deporte que practicamos, entiendan un poco mas que las Mountain Bikes no sólo son para ir a buscar el pan y el periódico, o sacarlas a dar una vuelta el día de la Fiesta de la Bicicleta. Que sepan que son bicicletas capaces de sortear obstáculos imposibles, de arrancar sonrisas, aplausos y gritos de ánimo, como los que este Domingo hemos visto y escuchado por cada metro que tenía este espectacular circuito.
Cangas é unha desas vilas mariñeiras que se construíron nunha Praia convertida en porto pesqueiro. Atópase rodeada de pequenas montañas que a abrigan dos ventos fríos do norte. Os penedos de granito que coroan Serra Poñente descenden ata as casiñas chantadas directamente na pedra debuxando estreitas rúas polas costas do casco vello. Estas laxes asoman ás veces entre paredes, esquinas, rampas ou son esculpidas formando escaleiriñas. A forma alargada da vila, loitando sempre por aproximarse ao mar, fai que o monte asome tras a franxa urbana moi próximo á liña da costa, a só medio quilómetro en liña recta.
A ladeira máis abrupta é a que conduce a San Roque e Serra Poñente. Neste enclave destaca unha pequena capela rodeada de maxestuosos piñeiros mansos que debuxan un perfil inconfundible que coroa e luce o seu máximo esplendor en cada posta de sol no Morrazo.
O clube Bike ou non Vai, animado polo indiscutible éxito descenso urbano do Marisquiño e outros descensos como o de Ourense, impulsado a afección desta modalidade no Morrazo e decidido ante a clara idoneidade do entorno, decide organizar un descenso semiurbán que cruce algunhas das rúas históricas máis emblemáticas de Cangas.
O percorrido parte de San Roque, a algo máis de 100 metros de altitude e, en pouco máis dun quilómetro, remata ao nivel do mar. A data escollida é o 12 de setembro para realizar os entrenamentos durante a mañán e a competición a partir das 4 da tarde.
Os primeiros 200 metros atravesan un empinado eucaliptal que combina pedras, terra e un par de saltos con cortados de vértigo. Esta zona, afectada por un verán moi seco, e castigada polo paso dos bikers, provocou abundantes caídas, case todas sen máis importancia que a perda de tempo que carrexan.
Aparecen a continuación uns 150 metros que alternan zigzags en asfalto con cortados en zonas de terra para entrar no camiño da Choupana, rúa que rodea a urbanización do mesmo nome.
A continuación deseñáronse 350 metros por asfalto e aceras salpicados de numerosos obstáculos. Esta parte require saltar dende tres rampas. Unha das plataformas da entrada ao remolque dun camión, do que se sae por un lateral. Tamén se pasa por dentro doutro remolque de camión no que se entra por unha pasarela. Os saltos desta zona atraeron a numeroso público, que disfrutou dun espectáculo insólito en Cangas.
Os derradeiros 300 metros cruzan o casco vello por rúas moi estreitas, curvas pechadas, escaleiras e unha pasarela para superar varios metros de altura dende unha barandilla de pedra. Centos de persoas agolpáronse na tarde, nas rúas Derribo, Manuel Graña e do Arco para observar o incrible paso de bikers competindo polos mellores tempos.
A chegada, foi ao lado do mar, na praza do Arco, onde moita xente puido aplaudir o paso de corredores dende as mesmas terrazas, case tocando os manillares dos competidores.
Achegárense deportistas das catros provincias galegas, case todos de Pontevedra e A Coruña para competir nun excepcional día de sol que facilitou a asistencia do público.
Os resultados da última e decisiva tanda amosaron a superioridade de Jorge Aguín Castro do clube Chapelo Racing, que en só 1:28 completou o descenso, asombrando aos propios organizadores e superando en 3 segundos ao segundo competidor máis rápido da categoría ELITE. Este descender gañou xa o descenso urbano do Marisquiño, en Vigo.
Na categoría Junior, Iván Costa Noya, do DH Santiago, completou o descenso en 1:34, sacando tamén case 3 segundos de vantaxe sobre o segundo da súa categoría.
A categoría de Master 30 tivo como vencedor a Antonio Pérez Dacosta, de Biciverde, cun tempo de 1:36.58 nunha final moi apretada, xa que segundo e terceiro quedaron a menos de 25 centésimas do gañador. O vencedor na categoría sub23 foi Adrián Ventín Iglesias (1:42), en cadete Marco Veiga Amado (1:44) e en categoría de promoción gañou David Vázquez Anido (1:46).
Para quen queira ver máis información de fotos, resultados e comentarios pode entrar no blog oficial do evento: http://urbandhcangas.blogspot.com/
Boa parte das fotos están dispoñibles a través do seguinte enlace: http://picasaweb.google.com/108698273645228579539
E por último anímovos que botedes un ollo ao espectacular vídeo da carreira, con gravacións de todos os tramos que a compuxeron http://vimeo.com/15073793


O gr 59 é un percorrido por múltiples recunchos da península Morrazo que acadaba, no seu deseño orixinal, polos 87 quilómetros. Circúlase por preciosos sendeiros entre penedos costeiros costeiros nas rías de Vigo e Pontevedra cando, pistas de terra e tramos de asfalto.

Despois chegan as partes altas con miradores, subidas duras e algún tramo técnico. Xa fai máis de dez anos que se marcou. O progreso fixo que se asfaltase, urbanizase ou talase. O GR quedou abandonado e algún tramos despareceron coa irrupción asoballadora da Vía Rápida do Morrazo.

Nos últimos anos, o GR 59 xa non era máis que unha serie de pintadas branquivermellas inconexas e 3 ou catro carteis informativos con mapas desgastados en que se percibía a un gran roteiro entrelazado surcando montes e costas de auténtica orografía de Rías Baixas.

Algúns imaxinábamos por onde podía circular e mesmo tentamos tramos acabando envoltos en silvas, tropezando contra alambradas da vía rápida ou empuxando a bici por subidas imposibles.
A idea e o interés pola ruta existía xa que hai exploradores que a descubren aos poucos. A organización xorde en foromtb.com. 5 ou 6 bikers van achegando ideas e recoñecendo zonas. Planifícanse avituallamentos e unha cea para que a xornada en que renace o GR59 sexa momprable, para darlle un pouco de forma de quedada. A tecnoloxía dos GPS e o foro achegan os medios para dar a coñecer a aventura e posibilitar que unha mínima organización desenvoque nun completo día para o disfrute da mountain bike e descubrimento da península do Morrazo.

Quedamos o día 10 de Xullo e escollemos a Praia de Liméns para o inicio. Apareceron ás 9 da mañán máis de 50 amantes das emocións fortes na moutain bike para enfrontarse ao percorrido definitivo: 90 quilómetros de puro terreo galego esixen e rempepernas. Algúns que sabían da súa capacidade sobrada, moitos queríanse poner a proba e unha ducia só nos poderían acompañar a parte matutina da aventura.

Moi bo humor na saída pola pasarela nas dunas de Liméns entre a xente do Morrazo, Vigo, Pontevedra, Tui e mesmo Ourense que vían con ilusión o día soleado pero fresco que se presentaba. Pronto os grupos se separan para ir percorrendo os piñeirais de Nerga e Barra ata chegar á costa da Vela. A ruta parecía un paseíño ata a primeira subida por un deslabazado camiño romano tras só 500 metros de paz na fresca da mañán. Ao superar a baixada á Praia de Nerga metémonos polos paradisíacos piñeirais nas dunas de Nerga e Barra por carreiros deliciosos e só uns 50 metros non ciclables por culpa da area.

As impresionantes vistas das Cíes e Cabo Home aparecen de repente ao superar a aldea de Donón. Séguelle a corta e dura subida aos montes do Hío. Como estábamos con ánimos e forzas, algúns optamos por subir polo camiño romano engadindo así un intratable empedrado que pon a proba forza e técnica.

Pronto se cruza a pequena fileira de montes e ábrese a panorámica cara a ría de Aldán co seu mar cálido e tranquilo, sé de recollidas calas que fan as delicias dos veraneantes. Os máis endureiros disfrutan da baixada polo empinado camino romano do Hío e reunímonos compartindo sensacións.

Nos seguintes 10 quilómetros altérnase asfalto con monte, e rodéanse praias nun terreo rompepernas que nos conducirá ata cabo Udra. As zonas urbanizadas das praias de Vilariño, Area de Bon e Lagos dan paso bonitos sendeiros entre penedos que rodean a abrupta costa de Udra. Imos en pequenos grupos sufrindo pequenas averías, facendo moitas fotos e xa polo quilómetro 20 sen afastarse nunca a máis dun quilómetro da costa.

Reunímonos alegremente en Udra cando o sol xa comeza a tostar. Sabemos que a brisa vainos abandoar pronto e a sombra dos bosques será a nosa aliada nas horas de máis calor. Nos grupos hai conversas, risas e un rodar tranquilo e alegre. Esperámonos e charlamos todos con todos coñecendo futuros compañeiros de aventuras e compartindo os plans para un verán coa bicicleta como compañeira de viaxes.

Tras Udra só se pisan dúas praias máis para abordar dúas costas cortas e esixentes ata chegar a Bueu. Aquí chega o comezo do resto da ruta: a primeira subida longa, cuns 5 quilómetros, afástanos do mar e a xente que pode luce o seu estado de forma, o resto comezou a darse conta de que a cousa ía en serio. Tras unha pequeña baixada, estamos no merendeiro de Monte Aberto. Así, superouse xa 38 quilómetros moi variados agradécese un avituallamento a base de empanadas e plátanos. A espera dos primeiros é longa pero a sombra dos castiñeiros e a vista da brétema que entra na ría alegra o momento. Os biciosos de Tui botan en falta a cervexa e todos celebran a saborosa empanada coa alegría de ter superado a terceira parte da ruta sen que pareza que “sexa para tanto”. Cando chegamos os últimos comeza a papatoria e comentamos, sen moita preocupación, que imos moi mal de tempo, apenas hora e pico sobre o horario previsto.

Comézase cun arranque doado e afróntase a segunda subida esixente en que xa non hai piedade. Xa nos deixou o grupo matutino e a dixestión non impide que os craks se lancen a roer as costas cara os montes da Pastoriza. A subida á Cruz de Cela fai que algúns xa noten os quilómetros.

Nesta zona, ás 3 da tarde, a sombra agradécese pero a ancha pista agacha repeitos esixentes. Xa estamos no corazón dos montes do Morrazo. Rematamos visitando a aldea de Pastoriza para que unha suave subida nonspresente a panorámica clarísima da ría de Pontevedra e Ons, coa brétema outra vez amosando un mar de nubes introducíndose cara o interior da ría. A esta altura xa houbo moitas averías pero a baixada, que comeza nun fascinante carreiro por montes pelados e vistas ao norte, provoca trillazos, cambios de patillas e ata un cambio de cable de cambio. As múltiples averías seguen separándonos e chegamos a Marín sobre as 5 da tarde.

Os 6 quilómetros para subir ao lago de Castiñeiras son, para moitos, terreo de sufrimento, dor e calambres baixo un sol abrasador. Moitos tramos están desprotexidos na subida por pista sempre ciclable e dura faise interminable. Algúns deshidrátanse ou fanse conscientes da magnitude do reto cando a polvorienta pista amosa rampas máis empinadas tras cada volta.
Así chega o quilómetro 62, onde a terraza dun bar agasállanos con descanso, sombra, bocadillos e uns refrescos. Os biciosos darán conta de impoñentes xerras de cervexa e ata pulpo e unha cunca de viño. Moitos sufriron a subida pero saben que están nun punto en que xa non paga a pena atallar, abandoar ou rectificar. Parece que o GR59 xa está vencido pero quedará un complicado terreo rompepernas que minará, aínda máis, as forzas dos máis confiados.

Saímos alegremente acordando evitar máis reunificaciones porque as pernas comezan a estar cargadas, cada un xúntase ao seu grupo e ritmo… e comeza a ameazar unha chegada demasiado tardía. Quedan uns poucos quilómetros de camiños pechados por fértiles montes e, pronto, a baixada máis endureira, técnica e perigosa do día. As pedras grandes e irregulares que baixan polo río da Fraga formando escalóns e empedrados poñen a proba a capacidade de concentración tras máis de 7 horas polos camiños do Morrazo.

A delicia ou sufrimento da esixente baixada déixanos fronte ao penúltimo reto. Un par de quilómetros de subida asfaltada para, dende o mirador da Fraga, loitar cun quilómetro e medio de subida roldando o 20% con terreo irregular. Engánchase ao molinillo e imaxínase que é a última subida. Todos calados e agardando que a rampa visible sexa a última. O terreo complícase entre piñeiros e eucaliptos pero aprétase os dentes para non ter que poñer o pé a terra. Cando a vista se abre tamén o fan as esperanzas de chegar porque un descanso conduce a un descenso corto e divertido. A subida polo camiño xabarín xa é só unha anécdota e, cun pequeno esforzo, chégase á cruz de Hermelo. A longa baixada é un xusto premio a tantas penurias e xa non é complicado abordar a curtas subidas que quedarán ata o final.

Dende aquí todo son bromas e comentarios sobre a ruta porque xa estamos adentrándonos outra vez en Cangas. Chegamos das 8 en adiante á Praia de LIméns, que foi comezo da nosa aventura. Os que no-lo puidemos permitir, aínda ceamos no camping entre bromas e caras de poucos folgos para máis festa.
Un día inesquecible e repetible. Foi o comezo do renacer do GR59 para os moutainbikers que fixemos unha especie de acordo solemne que nos responsabiliza de que este incrible percorrido perviva e sexa disfutado polos amantes dar rutas maratonianas. Nunca máis permitiremos con que ameace con desaparecer unha das xoias que deberían ser a envexa dos biker da zonas máis reconditas. Longa vida ao GR 59.

Vídeo pre-marcheison

6-6 ás 6 da mañán, CRÓNICA DA PARTE DE ATRÁS

Eu conto o que vin desde atrás, non sei se o de adiante se parecería moito…

O día comeza para nós sobre as 6.30 da mañán. É duro arrastrar os pés polo pasillo e poñer o disfraz de romano, cando na víspera se estivo marcando polo monte. Sen embargo destacou, en xeral, unha inusitada puntualidade. Hai que acordarse sobre todo do compromiso dos que quedaron marcando a ruta ata máis tarde das 9 porque viron algunha zona que non estaba aínda perfecta: creo que foron Diego, Doneciño e Wali, sodes uns craks.

Precisamente a Diego non debía ter aínda todas consigo. Meteuse un tajazo de medoxa ás 7 da mañán, non son horas de actividades perigosas. Debemos xuntarnos uns 15 facendo bocadillos e cargando os camións de comida e bebida.

 Máis xente estaba na alameda colocando todo aquel despliegue de medios materiais e de sonido. Foi grata sorpresa velo todo motado ao chegar a alameda. Unha boa organización que permitiu evitar as temidas colas da inscripción, mellorando ano a ano

Pichón demostrou ser un gran profesional no empaquetado de bocatas. Era para el unha situación de risco: o chaval que cortaba o plástico a escasos entímetros dos seus dedos parecía que ía caer redondo dun momento. Todo se explicaba polos efectos da evidente juerga nocturna do chaval.

De repente o nerviosismo apodérase dos directores da orquesta ao comprobar que non chega o fiambre. Gritos e discusións na fría nave de Massó: DESPERTA A QUEN FAGA FALTA, BUSCA NAS NEVERAS DE TODA A FAMILIA! . Buscando fiambre perdido hai cabreos e carreiras, creo que Paco despertou a unha señora ás 8 da mañán do domingo para que lle vendese un kiliño de salchichón e chouriso. Paco sáe na súa scooter todoterreo e fai de eventual repartidor de fiambre solventando a papeleta. Esa moto vai haber que poñela no logo do club.

 Xa na alameda foi un pracer saudar a tantos amigos que ían chegando de Moaña, Bueu, Pontevedra, Vigo, Ponteareas, Pontecesures, Caldas, Ares, Verín, Valladolid e quen sabe de quen me esquezo.

 Puidemos confirmar disfrutaríamos dun día soleado pero non moi caluroso, cunha agradable brisa fresca que agradeceríamos máis adiante.

Gran sorpresa cando Dinosaurio Bike me amosa un impresionante regalo, un soporte para colocar no sillín e gravar vídeos de visión traseira. Un interesante invento froito da imaxinación e habilidade dun auténtico AS que leva un taller dentro dunha botella de ISOSTAR. Por desgracia a rosca da cámara foi a que non resistiu a vibración e houbo que retirala cun só vídeo en subida, xa se mellorará o invento.

Saímos case 700, case puntuais, e case preparados para gozar do noso hobbi preferido. Mándáronme á cola así que pasarei a xornada cos que máis sofren e un par de amigos que darían boa conversa, nunha ruta da que coñecíamos de memoria ata por onde soen cruzar as caracolas. A maioría do tempo compartín cola con Pink Painter, Repeito e o reaparecido Roqueponte xunto cos quads protexéndonos as espaldas.

Oín algo de que houbo esaxeradas queixas no atasco da Pedreira (cruce á dereita depois do túnel). Só podo dicir: amigos, é o que hai. Tras desbotar carreiros polos posibles atascos, meter catro kilómetros de llaneo e despois, ata o km 15, pistas ou camiños onde se pode adiantar, ía ter difícil solución como non decidísimos convertela nunha marcha asfáltica.

Subindo dende Ameixoada hai algún que non da collido o ritmo e pequenas averías, mentres xa se adivina a enorme polvareda que se estaba a levantar. Oín que o polvo molestou moito, o único invitado inesperado e inevitable.

Algún burlouse da nosa rampa favorita, dicindo que iso do 30% só facía dano sosténdoo 100 metros máis, que xente máis masoca! Para os de atrás, chejoulles ben.

Xa imos estiradísmos por Monte Aberto e empezo ter o runrun dos quads que nos perseguen metido na cabesa, aínda parece que me acompañan na hora na que escribo. Tras a subida da perrera acompaño a catro sufridores por estrada ata o avituallamento… espero que todos disfrutásedes das vistas da Fraga e Moaña, da baixada a Pastoriza e o río, da subidiña técnica, do llaneo polos charcos e da última trialera antes do avituallmento, creo que hai algunhas fotos nesa última baixadiña.

Retrásase a miña chegada polos necesarios estiramentos para aliviar dos tiróns que viña sufrindo un dos sufridores. Neste punto contamos co consello e apoio esperto do chaval de protección civil, o que veu á marcha de Porriño e tomou o mando na caída de Julmoutain, non recordo o seu nome. Pequena parada en Chans de Cela para que pasen todos despois do superatallo que collemos e continuamos relaxados.

 Atopo a unha de Ares volvendo dun camiño perdida. Gastou tanto tempo e forzas que faría despois xa un bo trozo en quad. Tras subir a pista das pedras lanzámonos á metade da primeira baixada sen obstáculo algún. Igual pasaría coa do tractor. En cambio, Wali e Repeito quedaron atrás por unha avería e puideron dalo todo nestes dous senderiños divertidos.

Outro dannificado polos tiróns ao entrar no xabarín e a modiño para arriba co dos primeiros tiróns ao que os estiramentos de antes non o deixaron ao 100%.

Subimos despacio e fixemos así oco bastante para baixar a trialera larga a tumba aberta, con pequenos sustos nun terreo limado polo paso da marabunta. Na itensidade da baixada, pedaleando con vicio, no camiño que se colle máis abaixo da ponte, destrocei o pedal contra unha pedra pero nada que impedise seguir acercándome ás merecidas empanadas. Seguimos xa uns 5 ou 6 do clube ata Cangas (únese Pablo) e só temos que parar por un pinchado xa no Espíritu Santo. Ímos informando que somos os últimos aos pacientes colaboradores que están en cada cruce, aos que hai que agradecer esa larga espera para que pasase o estiradísimo grupo.

Supuxo unha vista agradable,  atopar a alameda case valeira de bikers pero chea de comida e bebida. Un inchable, conservas, carpas, bancos, música, regalos aos nenos…. pero isto que é? Vese que o traballo foi moito máis que ir a escoller, limpar e sinalizar camiños, nos que todos estivemos colaborando cando puidemos. Xente como Doneciño, Alberto, Esther, Manu, Paco, Jose Ramón e os que se me olviden fixeron un espectacular traballo que fai que esta marcha puidese ser un pouquiño mellor organizada e igual de gratuita que sempre.

O homenaxeado estaría orgullosísimo