A marcha de Brión
Levanteime sen ter todas comigo. Tras un sábado nas Cíes rematado con parrillada, chupitos e, bueno….despereceime o domingo sin ter claro se ía ou víña de marcha.

Fun decidido escollendo disfrás para a ocasión, un dos poucos que saían co traxe de verán. A mañán era fresca e uns 200 bikers xuntáronse en Brión. A sensación era menos “pro” que nas nosas marchas do sur porque os traxes de clubes eran minoría en comparación con outras marchas. Unha idade media quizais maior que a habitual pero…paulatinamente parece que os cuarentóns tenden a dominar no cicloturimo de monte, que ben, non? Que deporte máis chulo o noso!

Sáese dun espectacular adro cheo de carballos, tendo antes que aturar ao alcalde cun pequeno discursiño sen interés e unha entrevista a algún deportista de éxito (non tiña onde anotar). Tiveron o acerto de meternos uns 6 quilómetros case llanos. Aquí foise relaxado pero costaba entrar en calor nos carreiros sombríos que discurrían pegados ao río, con algún pequeno atasco polos tramos máis estreitos. Unha deliciosa zona para pasear que queda anotada para iniciar a algún amigo nas tardes de verán.

Co principio das subidas chega algún tapón provocado pola lama pero pronto as pistas se amplían e empinan. Do kilómetro 7 ao 19 temos unha ruta rompepernas con subidas duras e baixadas divertidas en que a frondosidade inicial tórnase en zonas de eucaliptos e monte baixo. O terreo está ben pero hai amagos de pedras soltas que anticipan o que nos atoparemos máis arriba.

A sinalización é fenomenal e atopamos dous avituallamentos líquidos e outros dous sólidos completos e moi ben distribuídos, como carallo subirían aquelas furgonetas? Do 20 ao 24 temos unha subida durísima, soleada, pedregosa e retorcida. Interminables curvas que ían abrindo novas rampas rodeadas de toxos, xestas e pequenos eucaliptos. Foi un tramo esixente e delicioso, onde todos puidemos dar o mellor de nós mesmos e, algúns, chegar arriba sen botar o pé a terra (menos para faser fotos). Hai que dicir que esta xente está moi fuerte, mecajonacona. Eu ía ben pero non adiantaba a nidiós, os de adiantes tiñan que ir como tiros. O tempo resultaou fenomenal xa que habían tímidas nubes altas impedindo que nos requentase o sol.

As vistas arriba do Rubial son impresionantes. Non se miraba o mar (non mo pareseu, ighual estaba máis nublada a miña vista que o tempo) pero temos interminables montañas de Outes e o Barbanza a un lado e enormes chairas cara o outro. O val da Mahía esténdese ata Padrón e Santiago entre carballeiras e aldeas. Na baixada longa e moi técnica (faltaba algunha alternativa para os menos atrevidos) cruzamos unha curiosa aldea abandonada.

Ao final atopamos camiños e pistas rompepernas, salpicadas con algunha tiralera, que provocaron moitos calambres, para algúns a ruta fíxose algo larga. Eu adiantara aos meus acompañantes na baixada e xunteime cun de Bertamiráns que ía sufrindo no lombo.
O malo do tempo seco, foi o polvoriento das pistas, pero por sorte a tropa separouse moito e non resultou molesto para min. Puiden facer as baixadas case sen interrupción. Non deixamos de cruzar media ducia de regatos coa súa dose de lama e salpicaduras.
Nos quilómetros finais gocei moito polas trialeras dende a torre de Altamira. Detrás do de Bertamiráns que as sabía de memoria e baixada coa súa ríxida a toda ostia, cunha técnica un pouco ruda (derrapando para todos lados e deixándome a cara nejra do polvo) pero efectiva despois de todo.

Finalmente foron 40 quilómetros de ruta dura, divertida e variada. Moi recomendable a terra do val da Mahía, as estribacións de Outes, o val do Sar e o Tambre. Unha pena non poder quedarme á papatoria que seguro que foi, igual que a ruta, bestial.