As fotos son de pésima calidade. Sacadas co móbil porque o flash da cámara abandonounos fai tempo.

Aproveitando o primeiro amago de veraniño conseguín levantar o ánimo para enfrontarnos á oscuridade cabalgando nas nosas burras.
Soemos saír unha tropa moi numerosa, pero aquí son moi valientes pa escribir no foro ese, para vacilar pero… para saír á noite, todos como jaliñas temerosas do raposo, cacarexando dende detrás do valado pero espántanse acobardadas se aljén lles abrise a porta.
Para min foi unha nocturna memorable en todos os sentidos: pola asistencia, o recorrido, o papeo, e a sesión de recuperación.
Fomos chejando sobre as 9 ao lugar de encontro. Como sempre, admiramos mutuamente os sorprendentes inventos caseiros para montar os equipos de iluminación. O faro de Diego, os cornos de Calleja, o foco de coche que Kinhos, as poucas luces de Waly. Había un que meteu catro linternas no manillar, parecía un todoterreno. Finalmente fomos 10 os que arrancamos e, curiosamente, non quedou nadie atrás no camiño. Polo retraso inicial parecía que non tiñamos permiso para circular ata que fose noite pecha.

O caso é que apareceron nubes moi escuras alá polas zonas altas do Morrazo. A pesar de ir sin chubasqueiros, non nos acobardamos, como pasou cos que quedaron na casa. Subimos o Paralaia a ritmo alegre e disfrutamos das vistas que coñecedes, mesmo si vos quedastes na casa, envoltos na manta. A santa compaña ascendeu en peregrinación, máis ou menos agrupada na busca do santuario para ser bendecidos e bendecir os manxares da última cena.

A nós non nos fixo falta manta porque ao caír a noite parou o vento e atopámonos unha noite sorprendentemente calurosa, sudamos abundantemente e a ameaza de chuvia esvaeceuse como os lengüeros que non se atreveron a saír. Collemos o camiño que leva ao Xabarín a ritmo endiablado, atopando novas dificultades nun camiño que parecía coñecida como a palma da man. Pensamos no millo corvo e, sen querer, atopámonos de frente coa de María, non fomos alí a propósito. Foi o destino que nos susurraba entre as carballeiras sombrías, foi un trasno que aparecía entre as pedras dos valados, unha meiga hipnotizándoos entre os escuros cumios arborados. Pensamos en picar algo e puxéronnos de paso, dúas fuentazas de carne ao caldeiro e carne asada. Foi unha deliciosa e abundante cea. Non contei as xerras coas que recuperamos o malparado nivel de hematocrito e rematamos o traballo con chupitos de licor do negro cafeeeee, que me tumbas que me mataaaaaaas, licor do negro cafeeeee, fasme andar a catro pataaaaaas.
Saímos cheíños en dirección á cruz de Hermelo pa baixar a ritmo de locura pola pista. Apareceuse un anxo a protexernos, e así sobrevivímos a baixada a ese ritmo vertixinoso, aumentando o perigo por certo grao de intoxicación etílica.

Tras confundirnos co paisanaje de Hermelo, compartir bromas e burlas, amáis dunhas boas tasas de viño, informánonos de que non era o día adecuado para tomar aujardente nos muíños, xa fora a semana anterior.
Pero non nos chejou con isto e metémonos pola catarata (hai unha foto na que se ve a ajua do río) para baixar polas xestas. Aquí algún mesmo propuxo explorar un camiño que creía que era ciclable….. quizais foi a única mala idea da noite que non triunfou.

Seguimos o deslizándonos como pantasmas nocturnas polos montes de Coiro, creéndonos indestrutibles así que non renunciamos aos últimos tramos cortiños do descenso do Paralaia. A valentía ía in crescendo pero a única caída foi costa arriba, cando calleja se abalanzou con fiereza sobre o único pau que topamos en toda a noite.
Esta foto é de cando cruzábamos o río, por riba da Catarata de Coiro, toda unha experiencia.

A última trialera foi no Ambigú. Alí rehidratamos e refrescamos o corpo. A algún, na casa, seguro que lle puxeron mala cara cando chejou máis tarde das catro, e cheirando a algo máis que ao bravío propio do exercicio físico.