Últimamente ando un pouco pesimista. En que carallo nos estamos convertindo? a que leva toda esta inversión sen un plan global con sentido? Aquí colgo un enlace que resume moi ben a idea do que moitos consideran progreso e só nos está levando a acabar co país.

Enlace directo ao artigo

Queren converternos nun exército de emigrantes para dar máis riqueza aos de fora mentres esmorece o noso país. Hai que dicir que non e loitar contra os que importan unha cultura que despreza a nosa forma de vivir e pensar. O único valor que lle da é puramente estético.
Reproduzo o artigo enteiro de Pablo Vaamonde a continuación:

O parque temático
O último día que estiven na casa de meus pais tentei visitar a balsa do río Alvariña, donde nos bañabamos de rapaces. Non foi posible: unha densa matogueira ocupa os antiguos camiños e impide o acceso á beira da auga.
Por Pablo Vaamonde | A Coruña | 23/01/2011

As cortiñas, antes tan valoradas, agora están invadidas pola maleza. No outro lado da ponte, onde estaban os montes da Beria e fértiles terras de labranza, agora vese o asfalto e as farolas dun enorme parque industrial que nunca foi utilizado, ocupado tamén polos toxos e as xestas. É a paisaxe do abandono agrícola e da carencia de desenvolvemento industrial, convertido xa en ruína. Hai moitos lugares de Galicia con esta mesma imaxe: a morte dos camiños, o abandono dos ríos, a destrución da paisaxe. Xa dicía Manuel Rivas que este é un país cheo de conservadores que non son quen de conservar o que paga a pena.

De non poñerlle remedio ese pode ser o noso destino. Galicia fixo mal o tránsito da economía rural á modernidade e tivo unha clase dirixente que non soubo aproveitar as potencialidades desta terra e as súas xentes. De non variar o rumbo podemos atoparnos, en poucas décadas, cunha xeografía de abandono na que só se conservarían determinados elementos como integrantes dun Parque Temático, para o lecer dos visitantes. Marcial Gondar ten advertido deste risco e o psiquiatra Antón Seoane ten descrito o seu pesadelo: “Visitaremos explotacións agrarias, con vacas incluídas. Contemplaranse aldeas abandonadas, reconstruídas á sazón, con lugareños de atrezzo, e haberá unha área adicada ao mundo do mar con naufraxio de cartón pedra…”. Tamén Santiago Lamas (Galicia borrosa) describe como o que hai anos era cotián e se perdeu, recupérase agora en forma de folclore e turismo.

Dese xeito, o Camiño de Santiago rexorde desprovisto das antigas motivacións relixiosas, os pazos e mosteiros en ruínas recupéranse para acoller turistas rurais, os hórreos son trasladados como elemento ornamental aos xardíns dos novos ricos, as ferramentas do campo pasan ás paredes das adegas e das casas rehabilitadas, e as celebracións rituais do campo convértense nas numerosas e multitudinarias festas gastronómicas que fan de Galicia o lugar das grandes paparotas. Non estamos lonxe desta visión premonitoria, coa cultura popular convertida nun motivo de atracción turística e o galego como lingua ritual. Algo teremos que facer, para fuxir deste futuro tan indesexable..

Eu digo que facer descargas ilegais está ben.
Habitualmente arguméntase o dano que se fai aos autores. Que non terán de que vivir, ou máis ben forrarse. Que o feito de poderse facer algo (descargar) non implica que debe permitirse (que está ben), que sería o mesmo que se permitimos na rúa roubar todo aquelo que non estea vixiado ou que se aceptase agredir a quen sexa débil ou estea indefenso.
Todo isto parte da suposición de que as creacións de música, literatura, cine, etc son intrinsecamente beneficiosas e por tanto deban defenderse. Supoñen deben existir esas creacións polo noso ben e por tanto requiren unha protección especial. É máis, aínda que non teñan proteccións especial, gozan do carácter de bens, de consumibles, de intercambiables, de vendibles e por tanto son parte dun mercado ao que temos dereito a telos á nosa disposición, e o perxuízo a estes autores/industrias limitará finalmente ese dereito de acceso porque freará a creación.
Non estou de acordo con esas afirmacións. Na miña opinión é necesario, urxente e curativo o inmediato apoio de que as creacións culturais deben ser de libre e gratuíto intercambio.
Algúns sociólogos da escola de Francfurt, a principios de século, sinalaron que a posibilidade da reprodución industrial das obras non era cultura e ademais matarían a cultura. A reprodución, copia, almacenamento e comercio eran aberracións contra o sentido da cultura. Estaban no certo e ademais na actualidade, coa decadencia máis radical da cultura, xenerouse unha tamén unha radical falta de respeto cara todos eses mercaderes da creación. Por iso descargamos sen pudor.
Se eu son un creador e teño algo que achegar porque son un xenio, fareino, déame ou non cartos. Simplemente porque en caso contrario, se enriquecerme fose a motivación, non sería un artista. Se creo por cartos e deixo de gañar cartos, abandonarei esa importante labor: así morras na miseria, porco engreído e manipulador! O único que fas é copiar e desprestixiar aos que realmente crearon o que ti só manipulas! Ti, co teu márketin avasallador estás afundindo nunha montaña de merda a verdadeira cultura e non nola deixas apreciar! Ti desprestixias de lixas anulando calquera capacidade de criterio para distinguir o auténtico do burdo plaxio comercial!
Se ao descargar merda masiva gratuíta, os mercaderes de produtos seudoculturais buscan outros negocios poderemos despexar o camiño do interminable torrente de veleno que se confunde con cultura.
Realmente fan falta eses millón para facer unha peli? fai falta esa promoción para demostrar que un músico e bo? fai falta vender millón de libros para ser escritor?
Os ídolos culturais non teñen que ser pijos acaudalados paseándose por programas e galas. Poden ser modestos e inquedos currantes que se arriscan con todo o que fan.
Viva internet e as descargas gratuítas. Viva a operación hixiénica que nos permitirá facer se deixan de meter a pezuña os políticos vendidos a industrias culturais e homoxeneizadores. A descarga gratuíta arruína industrias e farsantes. Fará que só a cultura sobreviva. Que se dediquen á especulación inmobiliaria, ao cotilleo televisivo ou a opositar.
Estamos ante un momento esencial. Internet pode facer revivir a cultura. A difusión é fácil, o farsante desaparece, o receptor elixe, comparte e valora.
Que vivan as descargas gratuítas, ostiaaaaa!