Que lle queres? Galicia é así.
Resulta que vas á zona máis industrializada do país, farto de ver naves e grandes aparcamentos de formigón dende estradas e autovías. Imaxínaste un caos de casas e fábricas pelexando por ocupar o territorio. Camións colándose por pistas asfaltadas e nenos correteando fronte ás cristaleiras de enormes empresas comerciais.
Anda cen metros e…..
Imos relaxados charlando por pistas asfaltadas, con casas e hortas, veijas e froiteiras como en calquera pobo das rías Baixas.

Un monumental atasco é o sinal de que comeza a diversión. Creo que coidaron primorosamente esa pequena parcela como se fosen os campos do Old England Club. Controlaron a humidade, a composición da terra, a drenaxe, taparon o sol e voilá: tras interminables meses de sequía, volvemos a axitarnos polas lameiras e as bicis comezan a soltar alegres chirridos de satisfacción.
Os primeiros quilómetros son entretido por camiños variados e divertidos á beira do río (Louro?).

Cruzamos a N550 e vemos de frente unha empinadísima montaña e, á dereita, un furancho con mesa de pedra no xardín….. porque un ten unha imaxe que protexer, que se non probáballe o viño de Mos.
Como saín de retrasado permítome a satisfacción de adiantar a moita xente, e crerme un maquinón…. e isó aínda tiña a maís de 600 por diante. Toda a chulería quedóuseme na segunda rampa e só me dediquei a suplicar que non se subise todo o Galleiro.

Que va, que isto é o Monte Castelo! Dinme por aí. Busco información; chámaselle Castelo porque tivo unha torre medieval no seu cumio, onde hai ademais unha gran pedra rectangular. De feito o monte ten moitos penedos enormes aos que se lle puxeron nomes súas formas. Xa arriba vemos todo o val do Louro, aeroporto, Galiñeiro e ao fondo as Cíes. Ata se ven unha formiguiñas multicolor que comezar a subida, ai meus pobres!
É curiosa esta zona, con todo o val do Louro e esas montañas graníticas ao sur que veñen case dende o fondo da Ría de Vigo ata case Tui. Están interrompidas por Porriño as canteiras que as van carcomendo cara o sur ano a ano.

Bueno, chegouse a un avituallamento de marca: sí Kit-kat e aquarius (nivelón), cando podía ser bebida isotónica DIA e galletas chocolatadas Leader-Price. Disfrutamos da merendola cando o sol por fin comeza a quentar tras unha mañán nublada. Dúas rampas máis e para abaixo, trialera vai, trialera ben, ciclista a rebolos, ciclista campaneando.

Tanto sol e monte abaixo unha polvareda digna do sétimo de cabalería e a nós quedounos cara de indios.
Un vídeo directamente dende Caldas, de Roque142


Bueno ao final: ruta máis bonita que o ano pasado, un pouquiño máis dura e trialeras máis brutas. A min persoalmente gustáronme máis as do ano anterior, pero nuncha chove a justo de todos.
Desta vez marchei correndo para casa así que non sei nada de pinchos, duchas e regalos. En resumo: unha ruta clásica das do Tea e Louro de llano, todo parriba, todopabaixo e llano. Complementa perfectamente a rompepernas canguesa.

Vou recopilando enlaces con fotos da marcha de 2011

Fotos de Patri
Máis fotos de Patri

Fotos de Racso, sempre moi chulas

Fotos do Queimao

Fotos de Abelux

Fotos de “da toxeira”
José Reboredo pegou as fotos nun vídeo

E Roque 142 puxo un vidiaco que te cagas


E este vídeo de VIA TV non ten desperdisio

Este ano quixemos sorprender cunha marcha especial, diferente, que ninguén máis puidese permitirse. Non buscamos as mellores trialeras nin as fragas máis frodosas. Non queríamos subidas largas e esixentes nin vellos carreiros escondidos nos vales do Morrazo. No primeiro memorial xa se organizou unha ruta semellante, pero daquela viñeron dez veces menos ciclistas, nós tiñamos seis veces menos experiencia e o clube sería unhas tres veces máis pequeno. Que bonito! Como crece a nosa afección, como a xente redescubre o monte, como o deporte non é sinónimo de competición, regras e árbitros senón de liberdade, ocio e harmonía co medio.

Decidimos levarvos a Cabo Home para que dar a coñercer este lugar máxico. Aos que coñecedes a zona, queríamos ensinarvos camiños novos, animarvos a un turismo diferente do cochedependente que non sabe agardar para deixar cruzar a deportistas amantes da natureza ocupando a súa sagrada, exclusiva e carísima vía asfaltada. A ruta é aínda máis valiosa para nós, os de Cangas. Cando chova poderemos gozar nos novos camiños que abrimos ou limpamos para ter unha ruta divertida e variada a cabo Home, pronto será un clásico recurrente dos nosos fins de semán.
Cabo home é terra de extremos, de grandes temporais. De cantís onde os percebeiros pelexan coas ondas, cerca dos os surfeiros máis osados. Navegantes e piragüistas. Paseantes e ciclistas, buscadores de setas e fotógrafos, escaladores, buceadores, apaixoados da historia ou dos castros teñen razóns de sobra para visitar Cabo Home en calquera época do ano.

Na entrada está o monte do Facho, co cumiu que descende cunha caída vertical ata o mar. Aquí érguese un incrible castro que domina as Cíes e o atlántico. Hai un altar no que, en épocas prerromanas, traían grandes pedras labradas como ofrenda ao deus Berobreo (mesma orixe que Breogán), deus do Alén, un deus pagán aínda benerado despois, cando Galicia xa era oficialmente cristiana. Chégase aquí en peregrinación a un dos Finisterres galegos. Máis alá só queda o fin do mundo e as misteriosas illas habitadas seres tenebrosos e as almas dos mariñeiros mortos e desaparecidos segundo a lenda celta.

Este que percorremos na marcha é tamén o “camiño dos Mortos”, chamado así porque era por onde se levaban os cadaleitos dende Donón ata Hío cando aínda non había capela no primeiro. Dónn era un deus Irlandés, o deus dos mortos, que xace enterrado nunhas illas eternamente rodeadas de néboa. Os expertos din que é improbable que Donón proveña de aí pero, sería bonito. Mentres as igrexas e capelas do morrazo poñen o seu altar no leste para que os feligreses estean de costas ao Oeste, ao fogar do deus dos mortos, onde o Sol agoniza todas as tardes. Pero nós tornámonos coa nosa teima pagán e adoramos ao deus da morte levando as nosas ofrendas a a Donón, a onde habita o Deus dos mortos.

Percorremos os camiños polos que os carnavais de Hío estoupan cada ano nunha orxía de viño e desvergonza, nun aquelarre inmemorial en que se peregrina entre aldeas revivindo canda ano a festa máis grande e pagán, a festa dos veciños a maior troula que vos podedes imaxinar.
Voltando ao noso tema: sabíamos que sería complicado organizarse na marcha porque se cruzan demasiadas estradas (os camiños estaban antes, debían ter preferencia), porque o sol anima aos visitantes motorizados das nosas saturadas praias e porque e o terreo era rompepernas e ata areoso por momentos. Co que non contábamos era con que aparecesen máis de mil ciclistas e con que a previsión de nubes e claros acabase converténdose nun aterrador sol de verán.

Conseguimos saír (case) puntuais de Cangas para disfrutar dos agradables sendeiros costeros recén ardidos entre rochas ata Liméns. Formáronse un par de embotellamentos cos que non contábamos a pesar de incluir costas para estirar o pelotón, que incluimos na ruta de forma cruel e innecesaria.
Os que controlaron os cruces tiveron que aturar malos modos, berros e inxustificadas queixas. Resulta que señoritos que veñen o fin de semán á Praia ou que montaron segundas e terceiras casas, legal ou ilegalmente, non poden aturar 5 minutos de espera. Eles non saben eventos deportivos na natureza, gratis, non competitivos e abertos a todos. Non señor, dous minutos máis tostándome na praia como un tonto son máis importantes. Resulta que as estradas son intocables se non é para o rei coche.
Pronto nos achegamos ás subidas máis duras. Eses empedrados cara arriba para que vos retorzades e vos desmoralicedes. Nós levábamos entrenando uns meses. Se non vos salíu á primeira repetide, xa veredes o rápido se progresa.
O paso dos quilómetros foi ennegrecendo a nosa caravana multicolor e os ciclistas convértense en sombras sudorosas nunha gran tormenta de area. Pero pronto chegan as vistas do Hío e Ría de Aldán, o bosque na dunas, ass praias de Nerga, Viñó e Melide, as Cíes a tiro de pedra, a vertixinosa costa da vela, os tres faros de cabo Home, a paradisíaca Praia de Melide, o avituallamento xunto ao castro do Facho e a subida deixando atrás a fisterra do Morrazo..
Xa na segunda parte, a distancia de cabeza a cola acercábase ás dúas horas e, áinda así, había problemas de saturación. Tras a baixada, a tranquilísima Praia de Vilariño para ver Aldán dende a parte alta e así, pasar ao Bosque Encantado, e a pelearse coa subida final.
Xa vistes que ao final non foi para tanto. Un par de rampas duras e terreo variado para, finalmente, chegar sen máis a Cangas. A trialera final resultou demasiado danada e perigosa así que tivemos que pechala pronto. Invítovos a probala noutra época.
Os que íamos na cola quedamos cunha sensación de ruta de sufrimento extremo pero bueno, seguro que moito máis adiante pensaron que só era un paseíño. Eu, dende logo, vin caras esbrancuxadas, vómitos, calambres e e pájaras de libro. Hai que regular, alimentarse e beber, pero sobre todo hai que andar en bici.
De volta á civilización, tras a reconciliación co mundo puidemos volver a lambernos as feridas e a soñar con máis mañans de domingo entre mares e montañas.
Gracias pola vosa comprensión e por facernos felices vindo un ano máis.

Por certo: no parte de feridos, nada grave que salientar. Un par de persoas cara Hospital: un golpe importante no peito e unha rapaza cunha boa brecha no brazo. Iso foi moi mala sorte porque ía moi a modo pero caíu mal.

A marcha de Brión
Levanteime sen ter todas comigo. Tras un sábado nas Cíes rematado con parrillada, chupitos e, bueno….despereceime o domingo sin ter claro se ía ou víña de marcha.

Fun decidido escollendo disfrás para a ocasión, un dos poucos que saían co traxe de verán. A mañán era fresca e uns 200 bikers xuntáronse en Brión. A sensación era menos “pro” que nas nosas marchas do sur porque os traxes de clubes eran minoría en comparación con outras marchas. Unha idade media quizais maior que a habitual pero…paulatinamente parece que os cuarentóns tenden a dominar no cicloturimo de monte, que ben, non? Que deporte máis chulo o noso!

Sáese dun espectacular adro cheo de carballos, tendo antes que aturar ao alcalde cun pequeno discursiño sen interés e unha entrevista a algún deportista de éxito (non tiña onde anotar). Tiveron o acerto de meternos uns 6 quilómetros case llanos. Aquí foise relaxado pero costaba entrar en calor nos carreiros sombríos que discurrían pegados ao río, con algún pequeno atasco polos tramos máis estreitos. Unha deliciosa zona para pasear que queda anotada para iniciar a algún amigo nas tardes de verán.

Co principio das subidas chega algún tapón provocado pola lama pero pronto as pistas se amplían e empinan. Do kilómetro 7 ao 19 temos unha ruta rompepernas con subidas duras e baixadas divertidas en que a frondosidade inicial tórnase en zonas de eucaliptos e monte baixo. O terreo está ben pero hai amagos de pedras soltas que anticipan o que nos atoparemos máis arriba.

A sinalización é fenomenal e atopamos dous avituallamentos líquidos e outros dous sólidos completos e moi ben distribuídos, como carallo subirían aquelas furgonetas? Do 20 ao 24 temos unha subida durísima, soleada, pedregosa e retorcida. Interminables curvas que ían abrindo novas rampas rodeadas de toxos, xestas e pequenos eucaliptos. Foi un tramo esixente e delicioso, onde todos puidemos dar o mellor de nós mesmos e, algúns, chegar arriba sen botar o pé a terra (menos para faser fotos). Hai que dicir que esta xente está moi fuerte, mecajonacona. Eu ía ben pero non adiantaba a nidiós, os de adiantes tiñan que ir como tiros. O tempo resultaou fenomenal xa que habían tímidas nubes altas impedindo que nos requentase o sol.

As vistas arriba do Rubial son impresionantes. Non se miraba o mar (non mo pareseu, ighual estaba máis nublada a miña vista que o tempo) pero temos interminables montañas de Outes e o Barbanza a un lado e enormes chairas cara o outro. O val da Mahía esténdese ata Padrón e Santiago entre carballeiras e aldeas. Na baixada longa e moi técnica (faltaba algunha alternativa para os menos atrevidos) cruzamos unha curiosa aldea abandonada.

Ao final atopamos camiños e pistas rompepernas, salpicadas con algunha tiralera, que provocaron moitos calambres, para algúns a ruta fíxose algo larga. Eu adiantara aos meus acompañantes na baixada e xunteime cun de Bertamiráns que ía sufrindo no lombo.
O malo do tempo seco, foi o polvoriento das pistas, pero por sorte a tropa separouse moito e non resultou molesto para min. Puiden facer as baixadas case sen interrupción. Non deixamos de cruzar media ducia de regatos coa súa dose de lama e salpicaduras.
Nos quilómetros finais gocei moito polas trialeras dende a torre de Altamira. Detrás do de Bertamiráns que as sabía de memoria e baixada coa súa ríxida a toda ostia, cunha técnica un pouco ruda (derrapando para todos lados e deixándome a cara nejra do polvo) pero efectiva despois de todo.

Finalmente foron 40 quilómetros de ruta dura, divertida e variada. Moi recomendable a terra do val da Mahía, as estribacións de Outes, o val do Sar e o Tambre. Unha pena non poder quedarme á papatoria que seguro que foi, igual que a ruta, bestial.

Xa estamos mirando que organizar para a marcha do Bike ou non Vai do 2011, e poida que saia algo moi interesante.
Aquí temos unha reprodusión do que andamos a estudar por cortesía de Fchapela:
ídesvos cajar!
pd: Bueno…. xa vexo que estes carallos de llutuve e uorpres non se levan ben entre si… nada, para ver o vídeo pinchades na mensaxe que aparese ao darlle no plei e listo.

Os primeiros minutos son da saída de Cangas. Cara o final xa é todo pola proximidade de Hermelo, buscando baixadas interesantes cara Bueu ou Cela.

Vídeo pre-marcheison

6-6 ás 6 da mañán, CRÓNICA DA PARTE DE ATRÁS

Eu conto o que vin desde atrás, non sei se o de adiante se parecería moito…

O día comeza para nós sobre as 6.30 da mañán. É duro arrastrar os pés polo pasillo e poñer o disfraz de romano, cando na víspera se estivo marcando polo monte. Sen embargo destacou, en xeral, unha inusitada puntualidade. Hai que acordarse sobre todo do compromiso dos que quedaron marcando a ruta ata máis tarde das 9 porque viron algunha zona que non estaba aínda perfecta: creo que foron Diego, Doneciño e Wali, sodes uns craks.

Precisamente a Diego non debía ter aínda todas consigo. Meteuse un tajazo de medoxa ás 7 da mañán, non son horas de actividades perigosas. Debemos xuntarnos uns 15 facendo bocadillos e cargando os camións de comida e bebida.

 Máis xente estaba na alameda colocando todo aquel despliegue de medios materiais e de sonido. Foi grata sorpresa velo todo motado ao chegar a alameda. Unha boa organización que permitiu evitar as temidas colas da inscripción, mellorando ano a ano

Pichón demostrou ser un gran profesional no empaquetado de bocatas. Era para el unha situación de risco: o chaval que cortaba o plástico a escasos entímetros dos seus dedos parecía que ía caer redondo dun momento. Todo se explicaba polos efectos da evidente juerga nocturna do chaval.

De repente o nerviosismo apodérase dos directores da orquesta ao comprobar que non chega o fiambre. Gritos e discusións na fría nave de Massó: DESPERTA A QUEN FAGA FALTA, BUSCA NAS NEVERAS DE TODA A FAMILIA! . Buscando fiambre perdido hai cabreos e carreiras, creo que Paco despertou a unha señora ás 8 da mañán do domingo para que lle vendese un kiliño de salchichón e chouriso. Paco sáe na súa scooter todoterreo e fai de eventual repartidor de fiambre solventando a papeleta. Esa moto vai haber que poñela no logo do club.

 Xa na alameda foi un pracer saudar a tantos amigos que ían chegando de Moaña, Bueu, Pontevedra, Vigo, Ponteareas, Pontecesures, Caldas, Ares, Verín, Valladolid e quen sabe de quen me esquezo.

 Puidemos confirmar disfrutaríamos dun día soleado pero non moi caluroso, cunha agradable brisa fresca que agradeceríamos máis adiante.

Gran sorpresa cando Dinosaurio Bike me amosa un impresionante regalo, un soporte para colocar no sillín e gravar vídeos de visión traseira. Un interesante invento froito da imaxinación e habilidade dun auténtico AS que leva un taller dentro dunha botella de ISOSTAR. Por desgracia a rosca da cámara foi a que non resistiu a vibración e houbo que retirala cun só vídeo en subida, xa se mellorará o invento.

Saímos case 700, case puntuais, e case preparados para gozar do noso hobbi preferido. Mándáronme á cola así que pasarei a xornada cos que máis sofren e un par de amigos que darían boa conversa, nunha ruta da que coñecíamos de memoria ata por onde soen cruzar as caracolas. A maioría do tempo compartín cola con Pink Painter, Repeito e o reaparecido Roqueponte xunto cos quads protexéndonos as espaldas.

Oín algo de que houbo esaxeradas queixas no atasco da Pedreira (cruce á dereita depois do túnel). Só podo dicir: amigos, é o que hai. Tras desbotar carreiros polos posibles atascos, meter catro kilómetros de llaneo e despois, ata o km 15, pistas ou camiños onde se pode adiantar, ía ter difícil solución como non decidísimos convertela nunha marcha asfáltica.

Subindo dende Ameixoada hai algún que non da collido o ritmo e pequenas averías, mentres xa se adivina a enorme polvareda que se estaba a levantar. Oín que o polvo molestou moito, o único invitado inesperado e inevitable.

Algún burlouse da nosa rampa favorita, dicindo que iso do 30% só facía dano sosténdoo 100 metros máis, que xente máis masoca! Para os de atrás, chejoulles ben.

Xa imos estiradísmos por Monte Aberto e empezo ter o runrun dos quads que nos perseguen metido na cabesa, aínda parece que me acompañan na hora na que escribo. Tras a subida da perrera acompaño a catro sufridores por estrada ata o avituallamento… espero que todos disfrutásedes das vistas da Fraga e Moaña, da baixada a Pastoriza e o río, da subidiña técnica, do llaneo polos charcos e da última trialera antes do avituallmento, creo que hai algunhas fotos nesa última baixadiña.

Retrásase a miña chegada polos necesarios estiramentos para aliviar dos tiróns que viña sufrindo un dos sufridores. Neste punto contamos co consello e apoio esperto do chaval de protección civil, o que veu á marcha de Porriño e tomou o mando na caída de Julmoutain, non recordo o seu nome. Pequena parada en Chans de Cela para que pasen todos despois do superatallo que collemos e continuamos relaxados.

 Atopo a unha de Ares volvendo dun camiño perdida. Gastou tanto tempo e forzas que faría despois xa un bo trozo en quad. Tras subir a pista das pedras lanzámonos á metade da primeira baixada sen obstáculo algún. Igual pasaría coa do tractor. En cambio, Wali e Repeito quedaron atrás por unha avería e puideron dalo todo nestes dous senderiños divertidos.

Outro dannificado polos tiróns ao entrar no xabarín e a modiño para arriba co dos primeiros tiróns ao que os estiramentos de antes non o deixaron ao 100%.

Subimos despacio e fixemos así oco bastante para baixar a trialera larga a tumba aberta, con pequenos sustos nun terreo limado polo paso da marabunta. Na itensidade da baixada, pedaleando con vicio, no camiño que se colle máis abaixo da ponte, destrocei o pedal contra unha pedra pero nada que impedise seguir acercándome ás merecidas empanadas. Seguimos xa uns 5 ou 6 do clube ata Cangas (únese Pablo) e só temos que parar por un pinchado xa no Espíritu Santo. Ímos informando que somos os últimos aos pacientes colaboradores que están en cada cruce, aos que hai que agradecer esa larga espera para que pasase o estiradísimo grupo.

Supuxo unha vista agradable,  atopar a alameda case valeira de bikers pero chea de comida e bebida. Un inchable, conservas, carpas, bancos, música, regalos aos nenos…. pero isto que é? Vese que o traballo foi moito máis que ir a escoller, limpar e sinalizar camiños, nos que todos estivemos colaborando cando puidemos. Xente como Doneciño, Alberto, Esther, Manu, Paco, Jose Ramón e os que se me olviden fixeron un espectacular traballo que fai que esta marcha puidese ser un pouquiño mellor organizada e igual de gratuita que sempre.

O homenaxeado estaría orgullosísimo