Xa estamos a martes así que algunha das neuronas comatosas no enloquecido fin de semán volven a funcionar. É tempo de crónicas paro que non quede no esquecemento esa máxica noite do venres que elevou o listón das nocturnas ata nivel de salto con pértiga: boa asistencia, camiños novos e bonitos, churrascada, queimada, bo viño, servizo de transporte para os de dixestión pesada….
Reuniuse a tropa de 11, máis o mestre de ceremonias, que en vez de ciclar, foise directamente a tostar a deliciosas carnes. Comezamos comparando os nosos atributos, tocando os dos demáis, probándoos. Uns tíñanas gordas, outros largas, pequenas, xoguetonas, potentes, bonitas, clásicas, fiables, resistentes. Xa sabedes, isto das linternas é como as pollas, non hai dúas ijuales.
Co medo á ruta de Tuchis e Sera pensamos necesitaríamos recuperarnos… xuntáronse unhas catro empanadas, dúas tortillas xigantescas, o churrasco, ensaladas, postres varios…. para alimentar o corpo. E os líquidos que liberan a mente ou a fan enloquecer.
Non abusaron de nós na subida e na baixada puidemos gozar do ben que alumbraban as luces, alumbraban o polvo, que era o único que se vía. Baixadas moi divertidas e novedosas, que nos deixaron con ganas de repetir en diurnas, leváronos ata a finca do Iván.
Cheiramos o churrasco intuíndo o próximo final feliz e entramos polo portalón do paraíso. Refrescaba bastante ao lado do río da Fraga e a mesa xa esta preparada, posta e predisposta para a grupeta. O sitio é ideal co seu asadeiro, frutais, casiña, herba, río para enfriar as botellas e un anfitrión de luxo.
Lanzámonos sobre a costilla e chourisos mentres Pichón, Calleja e Doneciño ían abrindo ronda de botellas de delicioso mencía do Bierzo e de chistes coronados pola personal interpretación dos gangosos que fai Calleja; eu tamén me animei con ambas cousas. Gaspi quedábase dormido ao meu lado e Patri picoteaba tímidamente. Houbo tempo para que os abueletes recordásemos os tempos do camiño de Santiago, porque nos puxemos tiernos e sentimentais.
Das empanadas pasouse ao churrasco, aos peores chistes, mal contados (ou contados a medias) e máis celebrados con grandes risotadas contaxiosas, pensei por momentos que Pichón desencaixaba a mandíbula. A parte onírica achegouna Calleja algunha observación sobre a filosofía dos pitufos, e nós esixímoslle o teléfono do camello que o mantén sempre en estado alterado e a punto ofrecer unha das saídas máis delirantes.
Co licor café as risas e brindis varios dan paso ao solemne acto do feitizo purificador. Na queimada colle o cullerón Diego con man experta. Como sempre, a queimada costa encendela (aínda máis ao aire libre e ao rosío) e como sempre hai algún queixándose da calidade da caña ou da habilidade do mestre de ceremonias. Pichón toma o relevo co conxuro e deléitanos poñendo emoción e pausa, interrompido por Calleja, que tampouco estaba de acordo co conxuro e que quedou enjanchado nun mal chiste durante un par de horas.
Finalmente dase lectura tamén a un anexo do pitufo filósofo e quedamos “libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento”.
Protexidos polas forzas do ar, mar, terra e lume, saímos rodando, atravesando unha Moaña desértica. Tampouco Cangas tiña mellor pinta e finalmente non puidemos tomar a última por xa eran as 4, excelente hora para recollernos a soñar con trialeras, meigallos, pitufos e patos