Este ano tivemos un inverno “como os de antes”, como soen dicir os vellos. Supoño que este verán tamén está sendo como os de antes. Non hai máis de tres días sen chuvia, ou sen sol, ou usen nevoeiros e ou sen perder de primeiras no mundial fútbol, ou sen un partido político que diga que vai faser a revolución, un tour de Francia onde os españois son uns pupas, ou un rei que as vellas din que é moi ghuapiño… como os de antes!

IMG-20140720-WA0000

Un verán máis, e xa van 5, empeñámonos en que o GR59 merecía ser compartido. Quixemos facelo así, ó noso xeito, informal, de bo rollo e farturento, como as papatorias familiares. A reventar, como se non houbese mañán! Dinnos de facer inscricións cun pago previo. Eu prefiro deixarme de bancos, e se non somos quen de organizalo así, unha vez ó ano, non sei se paga a pena facelo. Non houbo novas dunha ducia de inscritos, e ó final as contas cadraron, moi xustas pero cadraron.

É incrible ver como contas con xente que se ofrece voluntaria sen nin sequera pedirllo, mesmo se enfadan porque se comezou a idear o plan de acción sen avisalos! Atrás quedaron días de limpar tramos, revisar o percorrido e facer pequenos cambios, podando algunhas silveiras rebeldes e percorrer todo o Morrazo armados de sprays de pintura. Seica nos quoxo denunciar o da asociación de veciños da Portela por pintarlle a estrada… volvemos o día seguinte e pintámoslla igual. Se chegamos a saber onde vive, igual lle pintamos algo máis ;-).

Arrancamos da casa para o riló ás 8, ríndonos do temporal da noite pasada e do chaparrón que aínda caía sobre as nosas cabezas. A tarde anterior fora movida, indo arrasar a mazanceira da casa e a exprimirlle ata o último ovo ás galiñas da casa para o noso avituallamento. Enchemos as nosass nosas perolas de pasta, e ese día non se comeu cocido en Cangas, as ollas grandes estaban todas no GR. Houbo quen confundíu a pasta cun polbo e tróuxoa con sabor a cobre. Tranquilos, esa desbotámola, a próxima vez ecargámoslle unhas racións de rico cefalópodo (para quen lle guste, a min non).

IMG-20140718-WA0004

É de agradecer a puntualidade de case todos e alegraba ver a gran cantidade de coñecidos e repetidores que había por alí. Mesmo apareceu xente de paisano, que só viña para pagar a inscrición e volver á cama! Aínda así, saímos case 100, un fermoso grupo para facer a nosa particular animalada estival.

Poida que se notase algo a improvisación do primeiro metro. Tiñamos planeado cada centímetro dos 103 km de ruta, excepto os primeiros 200 metros para saír de Cangas. Decidiuse tirar pola rúa real arriba. En canto cruzamos a estrada quedeime á cola acompañando a Pablo, Besbello e Jose Ramón (o do Quad). Un grupo do Armenteira comezou a tirar do grupo de adiante con enerxía, para coller calor dende primeira hora, nunha mañán que ameazaba chuvia. Así foi ata mediodía, despois as nubes rendíronse á evidencia: non ían poder con nós. Nas primeiras horas aínda se incorporarían 3 ou 4 ao percorrido mentres eu vía na cola que o ambiente non era como outros anos, había un nivel de carallo.

Nada de paseíño acompañando aos débiles e perxudicados da cola, alí só atrapábamos averiados que saían como lóstregos tras rápidas reparacións. Con dicir que atopei a Rockidol e os seus compañeiros de Pontevedra, ou ós Sunday riders na cola! Esa xente anda fortísima, o mundo do revés. Os Jarabullobikers cos que fun nos últimos 15 km tamén nos levaban coa lingua de fora.

10363908_10203691744069693_7174114198390558139_n

O terreo invitaba a rodar forte tras as chuvia da noite, nada de lameiras pero algunha flecha quedou medio borrada polas riadas. En Castiñeiras xa non había ninguén ó chegar. O próximo ano temos que levar alí algo do avituallamento. Pero xa vin nas fotos hai quen o tomou con calma: estes coruñeses saben moito do mundo da tapa e das cervexas.

P7190045

A baixada a Marín é rápida e divertida. Abaixo aconsellamos a uns de Moaña uns atallos porque xa nos viña alí a parte máis dura. A primeira rampa entre viñas cóllete desprevenido. A do asfalto con máis do 30% asombra. Tras a baixada, supérase un río e a pelexar coa terra solta noutro rampón que poucos subirían. A entrada no seguinte tramo de terra, unha putada. Despois un par de kilómetros subindo por asfalto e outros tantos rodeando monte Vermello para chegar á rampa final: 100 mts ao 30%, pero esta vez en terra. Coronar este monte da dereito a disfrutar dunhas vistas enormes mentres se recupera o aliento. Este ano o terreo estaba ideal para subila, creo que houbo moito éxito.

P7190060

Chegams ao avituallamento con antelación ao previsto e tampouco paramos moito a relaxarnos como outros anos. A partir de aí xa houbo un ronsel de abandonos. Algúns estaban previstos, outros non. Non vin acalambrados este ano, pero seica os houbo, Jose Ramón non daba a vío repartindo pastillas de magnesio. En Chansí tiñan todo moi organizado Tuchis, Dewi e Luis. Moi profesional, improvisaron en minutos unha carpa sin unha sola goteira (tiña que aprender algún construtor) e un mostrador self-service de hotel ****. Todos cos que falei, concordaron en que a ensalada en lugar da empanada foi un acerto, pagou a pena o esforzo.

Pola tarde asomou o sol por momentos e dende atrás seguíamos collendo xente con bo ritmo. Baixando de Ermelo, as ríxidas ían rebotando como pelotas, un mesmo perdeu as gafas. Estamos avisados, a ver se hai sorte e se atopán. Chegando ó pazo de Santa Cruz atopeime cunha caída en cadena de catro. Iso é máis propio de ir chunpando roda no Tour de Francia que dunha kedada cicloturista!

P7190097

Ó final do longo e variado descenso, o paraíso, a praia de Tulla.A partir de aquí, os quilómetros xa van pesando de verdade. A subida extra en Bon, foi unha delicia para case ninguén.

P7190105 P

Como sempre, neste tramo vou pensando que non vai haber quen se trague un bocadillo en Aldán pero acaba sentando de maravilla e recupérase tanto física como moralmente. Ademáis alí xuntámonos moitos que case non nos vemos en toda a ruta. Na panadería é tempo de intercambiar sensacións e contar anécdotas. Como a do biker a quen lle picou a abella na entreperna (non direi o nome) e soltou as mans do manillar para espantar o bicho. Como agasallo levou, ademais da picadura, unha caída e avería leve na bicicleta.

P7190127

A parada foi curta, insuficiente para chegar con corpo decente ao camiño romano. Eu, igual que a maioría de arredor, subimos a maioría a pé. Así evitáronse males maiores como calambres por malas posturas. A partir de aquí, a rodar e disfrutar das vistas de cabo Home, xa parecía case acabado. Seguimos acompañados de xente con ritmo que xa sabían que o peor xa pasara. Era tempo de bromas e de rirse do propio cansancio.

P7190161

Xa entre Nerga e Viñó creo que houbo un par de problemas coa sinalización. Non sei se o arrastre da auga tapou frechas ou algo non quedou ben, bueno, tentaremos evitalo na próxima.

Finalmente a cola chegou a Cangas ás 8.40, polo que apenas adiantamos respecto a outros anos (tendo en conta que saímos media hora antes). Igual a velocidade que eu sentín só era imaxinada. Tamén é certo que a cola non atallou en Udra e Cabo Home, como se facía outras veces.

P7190152

Hai que agradecer ó clube de remo que nos deixasen duchas e mangueiras no centro. Tamén as augas do clube Bike O Facho e do Bike ou Non Vai. Unha mención especial á miña nai que alimenta ás galiñas e meu pai que poda e rega a mazanceira e nos deixou encher a cesta. Hai que agradecer a moita máis xente, pero xa sabemos que o fan todos con boa vontade e tampouco lles gusta tanto peloteo!

E por fin chegou, 9 de Xullo de 2011, tempo de rutón polo Morrazo, tempo de poñer a proba os nosos corpos e a nosa determinación.
Poño fotos de Racso, Raíñas e Jose Bike; tamén o vídeo de Fchapela para alixeirar o tostón.

Toda semana tivemos aos gurús do tempo mareándonos con cambios nas súas cábalas meterolóxicas. Pero que carallo, mal vamos se nos sorprende que chova en Galicia. Debecíamos por unha auguiña que sacase o polvo do noso camiño, pero xa sabedes, hai que ter coidado co que desexas, pódese cumprir.

Todos os vráns está o Morrazo precioso e neste día, non podía ser menos, os montes locían esplendorosamente cubertos por unha xenerosa néboa que nos agachaba os segredos desta natureza privilexiada que nos rodea. Máis bonito estaba con esa panda de bos amigos que se achegaron a dar cor a este día gris.
Aínda así, as baixas foron escasas e roldábamos os cuarenta pantasmas na névoa. Encollidiños baixo as árbores pero alegres da aventura qe se presentaba. Amenceu como se esperaba, con chuvia suvae pero incesante. Fómonos xuntando con inusual puntualidade e armámonos de valor para afrontar un día moi longo.

Os primeiros kilómetros foron por pistas coidadas, primorosas e cómodas gracias á chuva aínda que os músculos estaban fríos e perezosos. A xente adiantábase a facer fotos e vídeos antes de castigar os corpos. Tuchis era a liebre dun día que lle sería aciago.

Andopor pechaba con Jose Ramón, no seu quad, ao que hai que agradecer que aparecese de forma voluntaria, desinteresada e inesperada. A avería de Tuchis ponme a min e Si-van-si marcando ritmo máis suave do que esperábades.

Tras dez kilómetros chega a primeira ascensión seria que pedían as pernas pero pronto nos metémos no beque. Aquí temos unha sorpresa desocoñecida cunha rampa de máis do 20% que daba paso a sendeiros recollidos, duros e encharcados da Fraga de Moaña. Xa me din que se van ser así os 95 km, sería exaxerado, e lojo esperabades un paseiño? Os montes están tapados e comparto con sorna as vistas que non hai dende os miradores. Algúns celebran a descrición e botan de menos a longa sequía que nos castigaba.

Outra vez con Tuchis á cabeza seguimos non-vendo as maravillosas panorámicas da pista ata o Lago de Castiñeiras, onde un par de averías alargan a parada. Uns gusanitos no chiring son o máis reconfortante para deportistas exemplares coma nós. O descenso a Marín estaba emocionante e perigoso. Moi resbaladizo, cheo de pozas e tolos con ganas de emocións fortes. Os de Laracha, algúns xóvenes veteranos do Morrazo e algún tolo máis non perdoa nin as partes máis delicadas, que evitamos os sensatos.

Tras tres ou catro caídas sen importancia para comézar xa subida máis longa do día. Altérnanse rampas duras e decansos, con tramos de asfalto e terra, igual que a chuvia se fai intermitente.
Na zona máis alta e aberta de Monte Vermello seguen sen asomar as vistas da ría para consolarnos na imposible rampa final… bueno imposible non, como nos amosou ghopi.

Os camiños rezuman auga e invitan a darlle duro ata chans, á empanada, plátanos e refrescos. Aquí unha panda de seres irrecoñecibles cubertos de barro tiritan no mediodía de verán. Mágoa de birras, dime algún experto en nutrición deportiva, tomamos nota. Dannos noticias de Cangas: leva varias horas sen chover, e case despexado… e nós celebramos a primeira parte da nosa xesta.

A enerxía coa que saímos estíranos e provoca un pequeno caos cruzando as terras de Hermelo. Uns fans kilómetros de máis quiados por Quiños, outros atallan por proposta miña, hai que sen perde e tamén hai que se retira a pensar como superarse o ano próximo.
A Portela anticipa un mundo de barro e auga, pero despois veñen as divertidas baixadas ata Tuia, que lucen máis coa auga caída. Pero aquí Tuchis sofre o percance definitivo ao escordar o seu traicioneiro nocello.

Jose Bike é atacado por unha enorme e terrorífica.. abella e as bromas pasan a preocupación cando o labio se lle incha sen compaixón. É que os bichos do morrazo somos cousa mala. Do km 50 a 70 teremos algunhas retiradas. O resto, en Aldán, tomamos os sabrosos bocatas para preparar o duro camiño romano do Hío. Como sa andaba seco, algúns puidemos subilo do tirón, a costa de serios riscos cardíacos.

Baixando a Donón xa superáramos o máis duro, as mellores vistas non se nos escapan outra vez e o sol comeza a debuxar sorrisos nas caras sucias e fedorentas. Dewi cae deslumbrado pola confianza pero só serán raspóns moi molestos para uns días.
Chegamos ata os faros de Cabo Home, xa un pouco tocados, e quédanos as zonas de area, con baixadas pedaleando, e pequenas subidas matadoras. En Liméns baise o grupo que non subíu o coche ao instituto capitaneado por unha das liebres, Doneciño, que envexa!

Comezamos a última subida para chegar case ás 9 da tarde, conforme ao peor horario previsto pola organización.
A min, esta versión do Gr pareceume máis dura que a do ano pasado. Pero tamén é máis divertida, variada e completa. Sen dúbida mellor.

Só nos queda aprender dos erros buscando a forma de parar menos, quitar asfalto, atendervos mellor e que así acabe tendo esta kedada cada ano tendo máis adeptos.
Gracias a todos por vir.

Que lle queres? Galicia é así.
Resulta que vas á zona máis industrializada do país, farto de ver naves e grandes aparcamentos de formigón dende estradas e autovías. Imaxínaste un caos de casas e fábricas pelexando por ocupar o territorio. Camións colándose por pistas asfaltadas e nenos correteando fronte ás cristaleiras de enormes empresas comerciais.
Anda cen metros e…..
Imos relaxados charlando por pistas asfaltadas, con casas e hortas, veijas e froiteiras como en calquera pobo das rías Baixas.

Un monumental atasco é o sinal de que comeza a diversión. Creo que coidaron primorosamente esa pequena parcela como se fosen os campos do Old England Club. Controlaron a humidade, a composición da terra, a drenaxe, taparon o sol e voilá: tras interminables meses de sequía, volvemos a axitarnos polas lameiras e as bicis comezan a soltar alegres chirridos de satisfacción.
Os primeiros quilómetros son entretido por camiños variados e divertidos á beira do río (Louro?).

Cruzamos a N550 e vemos de frente unha empinadísima montaña e, á dereita, un furancho con mesa de pedra no xardín….. porque un ten unha imaxe que protexer, que se non probáballe o viño de Mos.
Como saín de retrasado permítome a satisfacción de adiantar a moita xente, e crerme un maquinón…. e isó aínda tiña a maís de 600 por diante. Toda a chulería quedóuseme na segunda rampa e só me dediquei a suplicar que non se subise todo o Galleiro.

Que va, que isto é o Monte Castelo! Dinme por aí. Busco información; chámaselle Castelo porque tivo unha torre medieval no seu cumio, onde hai ademais unha gran pedra rectangular. De feito o monte ten moitos penedos enormes aos que se lle puxeron nomes súas formas. Xa arriba vemos todo o val do Louro, aeroporto, Galiñeiro e ao fondo as Cíes. Ata se ven unha formiguiñas multicolor que comezar a subida, ai meus pobres!
É curiosa esta zona, con todo o val do Louro e esas montañas graníticas ao sur que veñen case dende o fondo da Ría de Vigo ata case Tui. Están interrompidas por Porriño as canteiras que as van carcomendo cara o sur ano a ano.

Bueno, chegouse a un avituallamento de marca: sí Kit-kat e aquarius (nivelón), cando podía ser bebida isotónica DIA e galletas chocolatadas Leader-Price. Disfrutamos da merendola cando o sol por fin comeza a quentar tras unha mañán nublada. Dúas rampas máis e para abaixo, trialera vai, trialera ben, ciclista a rebolos, ciclista campaneando.

Tanto sol e monte abaixo unha polvareda digna do sétimo de cabalería e a nós quedounos cara de indios.
Un vídeo directamente dende Caldas, de Roque142


Bueno ao final: ruta máis bonita que o ano pasado, un pouquiño máis dura e trialeras máis brutas. A min persoalmente gustáronme máis as do ano anterior, pero nuncha chove a justo de todos.
Desta vez marchei correndo para casa así que non sei nada de pinchos, duchas e regalos. En resumo: unha ruta clásica das do Tea e Louro de llano, todo parriba, todopabaixo e llano. Complementa perfectamente a rompepernas canguesa.

O viernes santo houbo que penar coa penitensia tras os pecados da noite do xoves. A desgana e a peresa apoderáronse de min nun día gris, coas nubes rozando os picos polos que nos movemos. Eu sígome preguntando porque este pobo luce o seu impresionante feísmo orgulloso no alto do monte, mentres as pequenas e preciosas aldeas están como é lóxico, no fondo dos vales, perto dos ríos.

As rapazas decidiron facer unha pequena ruta chea de fragas e prados. Eu retireime a escribir e botar unha gloriosa sesta que me me convertirá de novo en persoa, ou quizais é que disfrute mellor dos sitios bonitos en soedade, que raro me estou volvendo!
As sinco da tarde, co corpo xa a pleno rendemento, e abríndose claros no ceo. O cheiro a terra mollada éncheme de forza e un gran val aos meus pés atrae a criosidade. Improviso, collo a mochila e aventúrome por camiños descoñesidos a dar a volta ao val do río da Proba coa axuda dun GPS. Baixar e despois subir para cruzar un río, tres aldeas e natureza sen camiños marcados.

Descubrín pronto que os mapas son pouco de fiar. Onde marcan camiños hai que cruzar por silveiras, xestas e toxos. Na baixada sorpréndenme carballos, castiñeiros e bideiros crecendo esbeltos como eucaliptos. Devesas empinadas con vacas perezosas no fondo do val mentres o camiño vai sendo inundado pola lama.
No outro lado do val as fragas son máis antigas e hai pistas doadas ata a aldea de Carracedo. Non había taberna nin bar así que sigo por camiños que se adentran máis nas frags.

Dende aquí a subida foi unha auténtica pelexa con trazados camiños abandoados. Os que tiveron a desgraza de non incluirse na rede de senderismo do segundo concello máis grande de España desaparecen sumerxidos nunha maraña impenetrable. Só me separa un kilómetro da aldea de O Padrón pero ningún metro é fácil. Enrédome entre xestas, piñeiros pequenos e silveiras que queren comerse o mundo.
Con media hora de rascazos, probas erradas e humidade levoume ese quilómetro para chegar á aldea cunha capela minúscula, unha fonte e un vello sorprendido. Recoméndame seguir por carretera pero eu, cabezón, sigo a confiar na miña intuición a pesar de que unha nube caprichosa mo quere impedir.
Efectivamente, o camiño final, de cen metros, non existe. Jabeo seguindo un regato e esquivo os últimos toxos para chegar xunto ás sorrintes compañeiras que, no camping, búrlanse do lío no que me metera.
Non vos enganedes, gocei de cada paso do camiño, encantoume perderme nas fragas e descubrir por min mesmo como e espléndida que é a Fonsagrada.
Para redondear o día démonos un enorme homenaxe cunha espléndida e tardía churrascada no restaurante do propio camping. Manola e Xosé tratáranos novamente coa netiños aos que cebar e mandar felizmente enchidos á cama.

Viernes 15 de Abril, ás 21.30 no riló.
En vista que os astros, as borrascas e os ventos húmidos nos respetarán, queda convocada a II RUTA NOCTURNA DE PRIMAVERA

Coa a venia das satánicas maxestades, a gran orden dos pedales chirriantes convócavos para o concilio ciclotrásnico I.

O obxecto da liturxia será afastar definitivamente o mal de ollo que afecta a alguns dos miembros da orde.

Invocaremos aos espíritus da noite para que, a partir de agora nos protexa de:

Múltiples revolcóns e caídas
manillares clavados e feridas
choques con eucaliptos e nas carballeiras
toxos que nos deixan marcas pasaxeiras
restriccións de permisos para saidas
fallos de frenos e nas horquillas
despistado que se perde no monte da Pena
resaca e pereza nas mañáns de bicicleta
descensos accidentados do Paralaia
un día milagreiro que Patri non caia
pedras resbaladizas pola auga
escaleiras empinadas da sauna
jripes, alerxias, lumbagos e rodillas doloridas
roturas de cuadros, patillas e cadenillas

Reunirémonos en espiritual comunión cos trasnos, diaños e espíritus da noite para que espanten todos estes males que nos persiguen como unha peste. Pagaremos a penitencia vagando como Santa Compaña polos montes do Morraso para reconciliarnos co máis aló…

Cortegada achégate esa maxia que ten o río Miño e que nos atrae a todos os galegos. Esa arteria galega percorre máis de 300 quilómetros recollendo auga dende as aldeas máis recónditas de Lugo, formando os impresionantes canóns de Ourense e chegando ata os prácidos xardíns de Pontevedra. O Miño transmite vida, historia e sabiduría. Os pobos das súas beiras viven ao ritmo do río e nós imos descubrilo.

No seu percorrido, o Miño crea algunhas das paisaxes acuáticas máis espectaculares do país brillando, como poucas, a zona do Ribeiro. A unión do Miño e o Avia dará paso, máis abaixo, a un tramo sombrío con canóns angostos onde se alternan fértiles fragas e vides para elaborar o máis doce Ribeiro.

O concello máis meridional do Ribeiro é Cortegada, último concello de Ourense segundo se baixa polo río. Aquí as bodegas emerxen entre bosques impenetrables e un belo balneario que é punto de saída de sendas fluviais e da nosa ruta en bicicleta de montaña. Calquera é boa época para compartir con alguén a exuberante ruta que vos propoño. No verán disfrútase dunha ruta sombría e húmida, as alfombras de follas no inverno ou a exhuberancia primaveral. No outono deslumbran as inesquecibles estampas das agonizantes follas amarelas e marróns de árbores e vides que se ven reflexadas no ancho e agarimoso río.
A ruta que vos propoño non chega aos 25 quilómetros, pero non vos confiedes porque ten tramos de subida realmente duros.
A 15 minutos de A Cañiza ou de Salvaterra de Miño temos o concello de Cortegada, non moi poboado nin coñecido pero agacha unha xoia, unha ruta para bicicleta de montaña con beleza excepcional.

Pártese do Balneario, edificio modernista que data do 1937 e ao que quizais nos interese facer unha visita máis adiante. Sáese en sentido contrario á corrente para ir percorrendo un espectacular carreiro pegado ao río, que imos observando á nosa esquerda, sempre a escasos metros: así que ollo ao chan esbaradío! O impresionante carreiro entre árbores de ribeira vai por unha alfombra de follas onde os afeccionados aos cogumelos recoñecerán algún dos hongos comestibles máis deliciosos, que se agachan mimetizados coas cores do outono.

Séguese pola senda de pescadores durante 3 apacibles quilómetros para fotografar o outono desbordando orixinalidade. A continuación súbese por unha forte pendente seguindo os sinais da ruta de senderismo. Tras 300 metros ascendendo xírase á esquerda, abandonando xa os sinais da ruta, para seguir subindo por pista máis ancha e suave entre os piñeiros. O seguinte quilómetro é llano e van abríndose as vistas de novo ao río, nunha zona máis aberta dende a que se ve a nova ponte da estrada que conduce a A Cañiza, a só uns 15 minutos grazas á súa ampliación recente.
Unha corta baixada permite acercarse de novo ao río entre Castiñeiros, Carballos, Bidueiros, Ameneiros e Salgueiros. Serán corredoiras encantadoras que continúan paralelos ao Miño, aínda que só se intúe tras o frondoso bosque.

Aos 7 quilómetros afróntase unha subida dura que nos introduce a un novo mundo máis soleado, moldeado en terrazas polo home, con cepas, casas de pedra, hórreos, e leiras en aldeas pequenas e cheas de vida. Un quilómetro de subida dura condúcenos a Meréns, onde podemos parar a descansar bebendo da súa saborosa fonte antes de enfrontarnos coas rampas máis duras da xornada. En Meréns está o Pazo do Conde de Sarmiento e o escudo de Meréns, o escudo heráldico máis grande de Galicia, con 18 cuarteis rematados por unha coroa condal.

Abandónase Meréns poñéndonos a proba en terribles rampas por pista de hormigón para escalar entre vides de douradas uvas. As variedades de Mencía, Torrontes, Godello, Ferrón, Caíño, Loureira, Albariño ou Treixadura están presentes nas empinadas terrazas que se distribúen nas ladeiras máis soleadas. En metade da costa, hai que parar, xirarse e ver o Miño retorcéndose aos nosos pes para formar ondulantes meandros en vales fondos que o sol apenas consigue quentar nos día curtos de inverno. Os seguintes 3 quilómetros seguen ascendendo por pista ancha aínda que as fragas volven a pecharse aos lados e por riba do camiño. Ademais de ser unha excelente terra de setas atoparemos algunha sorpresa botánica como os abundantes madroños cos seus curiosos froitos vermellos. A parte máis alta do percorrido devólvenos a un terreo que alterna Piñeiros e Carballos ata baixar á aldea de Louredo, escondida nun rico val alongado. Nesta aldea saúdannos castiñeiros centenarios, eiras de hórreos e antigos camiños empedrados que dan idea da súa antigüidade. Outro elemento de interese será o peto de ánimas de Louredo.

Chegando a Louredo, apenas teremos traspasado o ecuador do noso percorrido pero o resto da ruta resultará bastante máis doada, discorrendo entre piñeiros por anchas pistas, case sempre en baixada e sen dificultades técnicas. A tres quilómetros do final agasallámonos cunhas últimas vistas do río ata baixar en por unha pista vertixinoso nos devolve a Cortegada e ao balneario, na Beira do Miño.
Xa suporedes que recomendo rematar o día probando algún delicioso Ribeiro da zona e relaxándose no balneario. Tanto as augas como os viños doces e afroitados serán dun interese medicinal indudable para o visitante.
Se queredes facer a ruta, podedes descargala para GPS ou extraer mapas no seguinte enlace:

Técnicamente a rutal é fácil. O nivel físico é bastante esixente. A pesar de que conta con moitas zonas llanas, hai tamén costas con desniveis importantes.

Vídeo pre-marcheison

6-6 ás 6 da mañán, CRÓNICA DA PARTE DE ATRÁS

Eu conto o que vin desde atrás, non sei se o de adiante se parecería moito…

O día comeza para nós sobre as 6.30 da mañán. É duro arrastrar os pés polo pasillo e poñer o disfraz de romano, cando na víspera se estivo marcando polo monte. Sen embargo destacou, en xeral, unha inusitada puntualidade. Hai que acordarse sobre todo do compromiso dos que quedaron marcando a ruta ata máis tarde das 9 porque viron algunha zona que non estaba aínda perfecta: creo que foron Diego, Doneciño e Wali, sodes uns craks.

Precisamente a Diego non debía ter aínda todas consigo. Meteuse un tajazo de medoxa ás 7 da mañán, non son horas de actividades perigosas. Debemos xuntarnos uns 15 facendo bocadillos e cargando os camións de comida e bebida.

 Máis xente estaba na alameda colocando todo aquel despliegue de medios materiais e de sonido. Foi grata sorpresa velo todo motado ao chegar a alameda. Unha boa organización que permitiu evitar as temidas colas da inscripción, mellorando ano a ano

Pichón demostrou ser un gran profesional no empaquetado de bocatas. Era para el unha situación de risco: o chaval que cortaba o plástico a escasos entímetros dos seus dedos parecía que ía caer redondo dun momento. Todo se explicaba polos efectos da evidente juerga nocturna do chaval.

De repente o nerviosismo apodérase dos directores da orquesta ao comprobar que non chega o fiambre. Gritos e discusións na fría nave de Massó: DESPERTA A QUEN FAGA FALTA, BUSCA NAS NEVERAS DE TODA A FAMILIA! . Buscando fiambre perdido hai cabreos e carreiras, creo que Paco despertou a unha señora ás 8 da mañán do domingo para que lle vendese un kiliño de salchichón e chouriso. Paco sáe na súa scooter todoterreo e fai de eventual repartidor de fiambre solventando a papeleta. Esa moto vai haber que poñela no logo do club.

 Xa na alameda foi un pracer saudar a tantos amigos que ían chegando de Moaña, Bueu, Pontevedra, Vigo, Ponteareas, Pontecesures, Caldas, Ares, Verín, Valladolid e quen sabe de quen me esquezo.

 Puidemos confirmar disfrutaríamos dun día soleado pero non moi caluroso, cunha agradable brisa fresca que agradeceríamos máis adiante.

Gran sorpresa cando Dinosaurio Bike me amosa un impresionante regalo, un soporte para colocar no sillín e gravar vídeos de visión traseira. Un interesante invento froito da imaxinación e habilidade dun auténtico AS que leva un taller dentro dunha botella de ISOSTAR. Por desgracia a rosca da cámara foi a que non resistiu a vibración e houbo que retirala cun só vídeo en subida, xa se mellorará o invento.

Saímos case 700, case puntuais, e case preparados para gozar do noso hobbi preferido. Mándáronme á cola así que pasarei a xornada cos que máis sofren e un par de amigos que darían boa conversa, nunha ruta da que coñecíamos de memoria ata por onde soen cruzar as caracolas. A maioría do tempo compartín cola con Pink Painter, Repeito e o reaparecido Roqueponte xunto cos quads protexéndonos as espaldas.

Oín algo de que houbo esaxeradas queixas no atasco da Pedreira (cruce á dereita depois do túnel). Só podo dicir: amigos, é o que hai. Tras desbotar carreiros polos posibles atascos, meter catro kilómetros de llaneo e despois, ata o km 15, pistas ou camiños onde se pode adiantar, ía ter difícil solución como non decidísimos convertela nunha marcha asfáltica.

Subindo dende Ameixoada hai algún que non da collido o ritmo e pequenas averías, mentres xa se adivina a enorme polvareda que se estaba a levantar. Oín que o polvo molestou moito, o único invitado inesperado e inevitable.

Algún burlouse da nosa rampa favorita, dicindo que iso do 30% só facía dano sosténdoo 100 metros máis, que xente máis masoca! Para os de atrás, chejoulles ben.

Xa imos estiradísmos por Monte Aberto e empezo ter o runrun dos quads que nos perseguen metido na cabesa, aínda parece que me acompañan na hora na que escribo. Tras a subida da perrera acompaño a catro sufridores por estrada ata o avituallamento… espero que todos disfrutásedes das vistas da Fraga e Moaña, da baixada a Pastoriza e o río, da subidiña técnica, do llaneo polos charcos e da última trialera antes do avituallmento, creo que hai algunhas fotos nesa última baixadiña.

Retrásase a miña chegada polos necesarios estiramentos para aliviar dos tiróns que viña sufrindo un dos sufridores. Neste punto contamos co consello e apoio esperto do chaval de protección civil, o que veu á marcha de Porriño e tomou o mando na caída de Julmoutain, non recordo o seu nome. Pequena parada en Chans de Cela para que pasen todos despois do superatallo que collemos e continuamos relaxados.

 Atopo a unha de Ares volvendo dun camiño perdida. Gastou tanto tempo e forzas que faría despois xa un bo trozo en quad. Tras subir a pista das pedras lanzámonos á metade da primeira baixada sen obstáculo algún. Igual pasaría coa do tractor. En cambio, Wali e Repeito quedaron atrás por unha avería e puideron dalo todo nestes dous senderiños divertidos.

Outro dannificado polos tiróns ao entrar no xabarín e a modiño para arriba co dos primeiros tiróns ao que os estiramentos de antes non o deixaron ao 100%.

Subimos despacio e fixemos así oco bastante para baixar a trialera larga a tumba aberta, con pequenos sustos nun terreo limado polo paso da marabunta. Na itensidade da baixada, pedaleando con vicio, no camiño que se colle máis abaixo da ponte, destrocei o pedal contra unha pedra pero nada que impedise seguir acercándome ás merecidas empanadas. Seguimos xa uns 5 ou 6 do clube ata Cangas (únese Pablo) e só temos que parar por un pinchado xa no Espíritu Santo. Ímos informando que somos os últimos aos pacientes colaboradores que están en cada cruce, aos que hai que agradecer esa larga espera para que pasase o estiradísimo grupo.

Supuxo unha vista agradable,  atopar a alameda case valeira de bikers pero chea de comida e bebida. Un inchable, conservas, carpas, bancos, música, regalos aos nenos…. pero isto que é? Vese que o traballo foi moito máis que ir a escoller, limpar e sinalizar camiños, nos que todos estivemos colaborando cando puidemos. Xente como Doneciño, Alberto, Esther, Manu, Paco, Jose Ramón e os que se me olviden fixeron un espectacular traballo que fai que esta marcha puidese ser un pouquiño mellor organizada e igual de gratuita que sempre.

O homenaxeado estaría orgullosísimo