This slideshow requires JavaScript.

O 12 de Setembro, o clube Bike ou Non Vai organizou, por primeira vez en Cangas, unha competición de descenso semiurbán. O evento cruzou o centro da vila achegando así esta espectacular modalidade a todo tipo de público. Deste xeito, os cangueses e visitantes puideron, en palabras de Manuel Santos, presidente do clube organizador:. saber cual es el deporte que practicamos, entiendan un poco mas que las Mountain Bikes no sólo son para ir a buscar el pan y el periódico, o sacarlas a dar una vuelta el día de la Fiesta de la Bicicleta. Que sepan que son bicicletas capaces de sortear obstáculos imposibles, de arrancar sonrisas, aplausos y gritos de ánimo, como los que este Domingo hemos visto y escuchado por cada metro que tenía este espectacular circuito.
Cangas é unha desas vilas mariñeiras que se construíron nunha Praia convertida en porto pesqueiro. Atópase rodeada de pequenas montañas que a abrigan dos ventos fríos do norte. Os penedos de granito que coroan Serra Poñente descenden ata as casiñas chantadas directamente na pedra debuxando estreitas rúas polas costas do casco vello. Estas laxes asoman ás veces entre paredes, esquinas, rampas ou son esculpidas formando escaleiriñas. A forma alargada da vila, loitando sempre por aproximarse ao mar, fai que o monte asome tras a franxa urbana moi próximo á liña da costa, a só medio quilómetro en liña recta.
A ladeira máis abrupta é a que conduce a San Roque e Serra Poñente. Neste enclave destaca unha pequena capela rodeada de maxestuosos piñeiros mansos que debuxan un perfil inconfundible que coroa e luce o seu máximo esplendor en cada posta de sol no Morrazo.
O clube Bike ou non Vai, animado polo indiscutible éxito descenso urbano do Marisquiño e outros descensos como o de Ourense, impulsado a afección desta modalidade no Morrazo e decidido ante a clara idoneidade do entorno, decide organizar un descenso semiurbán que cruce algunhas das rúas históricas máis emblemáticas de Cangas.
O percorrido parte de San Roque, a algo máis de 100 metros de altitude e, en pouco máis dun quilómetro, remata ao nivel do mar. A data escollida é o 12 de setembro para realizar os entrenamentos durante a mañán e a competición a partir das 4 da tarde.
Os primeiros 200 metros atravesan un empinado eucaliptal que combina pedras, terra e un par de saltos con cortados de vértigo. Esta zona, afectada por un verán moi seco, e castigada polo paso dos bikers, provocou abundantes caídas, case todas sen máis importancia que a perda de tempo que carrexan.
Aparecen a continuación uns 150 metros que alternan zigzags en asfalto con cortados en zonas de terra para entrar no camiño da Choupana, rúa que rodea a urbanización do mesmo nome.
A continuación deseñáronse 350 metros por asfalto e aceras salpicados de numerosos obstáculos. Esta parte require saltar dende tres rampas. Unha das plataformas da entrada ao remolque dun camión, do que se sae por un lateral. Tamén se pasa por dentro doutro remolque de camión no que se entra por unha pasarela. Os saltos desta zona atraeron a numeroso público, que disfrutou dun espectáculo insólito en Cangas.
Os derradeiros 300 metros cruzan o casco vello por rúas moi estreitas, curvas pechadas, escaleiras e unha pasarela para superar varios metros de altura dende unha barandilla de pedra. Centos de persoas agolpáronse na tarde, nas rúas Derribo, Manuel Graña e do Arco para observar o incrible paso de bikers competindo polos mellores tempos.
A chegada, foi ao lado do mar, na praza do Arco, onde moita xente puido aplaudir o paso de corredores dende as mesmas terrazas, case tocando os manillares dos competidores.
Achegárense deportistas das catros provincias galegas, case todos de Pontevedra e A Coruña para competir nun excepcional día de sol que facilitou a asistencia do público.
Os resultados da última e decisiva tanda amosaron a superioridade de Jorge Aguín Castro do clube Chapelo Racing, que en só 1:28 completou o descenso, asombrando aos propios organizadores e superando en 3 segundos ao segundo competidor máis rápido da categoría ELITE. Este descender gañou xa o descenso urbano do Marisquiño, en Vigo.
Na categoría Junior, Iván Costa Noya, do DH Santiago, completou o descenso en 1:34, sacando tamén case 3 segundos de vantaxe sobre o segundo da súa categoría.
A categoría de Master 30 tivo como vencedor a Antonio Pérez Dacosta, de Biciverde, cun tempo de 1:36.58 nunha final moi apretada, xa que segundo e terceiro quedaron a menos de 25 centésimas do gañador. O vencedor na categoría sub23 foi Adrián Ventín Iglesias (1:42), en cadete Marco Veiga Amado (1:44) e en categoría de promoción gañou David Vázquez Anido (1:46).
Para quen queira ver máis información de fotos, resultados e comentarios pode entrar no blog oficial do evento: http://urbandhcangas.blogspot.com/
Boa parte das fotos están dispoñibles a través do seguinte enlace: http://picasaweb.google.com/108698273645228579539
E por último anímovos que botedes un ollo ao espectacular vídeo da carreira, con gravacións de todos os tramos que a compuxeron http://vimeo.com/15073793