O gr 59 é un percorrido por múltiples recunchos da península Morrazo que acadaba, no seu deseño orixinal, polos 87 quilómetros. Circúlase por preciosos sendeiros entre penedos costeiros costeiros nas rías de Vigo e Pontevedra cando, pistas de terra e tramos de asfalto.

Despois chegan as partes altas con miradores, subidas duras e algún tramo técnico. Xa fai máis de dez anos que se marcou. O progreso fixo que se asfaltase, urbanizase ou talase. O GR quedou abandonado e algún tramos despareceron coa irrupción asoballadora da Vía Rápida do Morrazo.

Nos últimos anos, o GR 59 xa non era máis que unha serie de pintadas branquivermellas inconexas e 3 ou catro carteis informativos con mapas desgastados en que se percibía a un gran roteiro entrelazado surcando montes e costas de auténtica orografía de Rías Baixas.

Algúns imaxinábamos por onde podía circular e mesmo tentamos tramos acabando envoltos en silvas, tropezando contra alambradas da vía rápida ou empuxando a bici por subidas imposibles.
A idea e o interés pola ruta existía xa que hai exploradores que a descubren aos poucos. A organización xorde en foromtb.com. 5 ou 6 bikers van achegando ideas e recoñecendo zonas. Planifícanse avituallamentos e unha cea para que a xornada en que renace o GR59 sexa momprable, para darlle un pouco de forma de quedada. A tecnoloxía dos GPS e o foro achegan os medios para dar a coñecer a aventura e posibilitar que unha mínima organización desenvoque nun completo día para o disfrute da mountain bike e descubrimento da península do Morrazo.

Quedamos o día 10 de Xullo e escollemos a Praia de Liméns para o inicio. Apareceron ás 9 da mañán máis de 50 amantes das emocións fortes na moutain bike para enfrontarse ao percorrido definitivo: 90 quilómetros de puro terreo galego esixen e rempepernas. Algúns que sabían da súa capacidade sobrada, moitos queríanse poner a proba e unha ducia só nos poderían acompañar a parte matutina da aventura.

Moi bo humor na saída pola pasarela nas dunas de Liméns entre a xente do Morrazo, Vigo, Pontevedra, Tui e mesmo Ourense que vían con ilusión o día soleado pero fresco que se presentaba. Pronto os grupos se separan para ir percorrendo os piñeirais de Nerga e Barra ata chegar á costa da Vela. A ruta parecía un paseíño ata a primeira subida por un deslabazado camiño romano tras só 500 metros de paz na fresca da mañán. Ao superar a baixada á Praia de Nerga metémonos polos paradisíacos piñeirais nas dunas de Nerga e Barra por carreiros deliciosos e só uns 50 metros non ciclables por culpa da area.

As impresionantes vistas das Cíes e Cabo Home aparecen de repente ao superar a aldea de Donón. Séguelle a corta e dura subida aos montes do Hío. Como estábamos con ánimos e forzas, algúns optamos por subir polo camiño romano engadindo así un intratable empedrado que pon a proba forza e técnica.

Pronto se cruza a pequena fileira de montes e ábrese a panorámica cara a ría de Aldán co seu mar cálido e tranquilo, sé de recollidas calas que fan as delicias dos veraneantes. Os máis endureiros disfrutan da baixada polo empinado camino romano do Hío e reunímonos compartindo sensacións.

Nos seguintes 10 quilómetros altérnase asfalto con monte, e rodéanse praias nun terreo rompepernas que nos conducirá ata cabo Udra. As zonas urbanizadas das praias de Vilariño, Area de Bon e Lagos dan paso bonitos sendeiros entre penedos que rodean a abrupta costa de Udra. Imos en pequenos grupos sufrindo pequenas averías, facendo moitas fotos e xa polo quilómetro 20 sen afastarse nunca a máis dun quilómetro da costa.

Reunímonos alegremente en Udra cando o sol xa comeza a tostar. Sabemos que a brisa vainos abandoar pronto e a sombra dos bosques será a nosa aliada nas horas de máis calor. Nos grupos hai conversas, risas e un rodar tranquilo e alegre. Esperámonos e charlamos todos con todos coñecendo futuros compañeiros de aventuras e compartindo os plans para un verán coa bicicleta como compañeira de viaxes.

Tras Udra só se pisan dúas praias máis para abordar dúas costas cortas e esixentes ata chegar a Bueu. Aquí chega o comezo do resto da ruta: a primeira subida longa, cuns 5 quilómetros, afástanos do mar e a xente que pode luce o seu estado de forma, o resto comezou a darse conta de que a cousa ía en serio. Tras unha pequeña baixada, estamos no merendeiro de Monte Aberto. Así, superouse xa 38 quilómetros moi variados agradécese un avituallamento a base de empanadas e plátanos. A espera dos primeiros é longa pero a sombra dos castiñeiros e a vista da brétema que entra na ría alegra o momento. Os biciosos de Tui botan en falta a cervexa e todos celebran a saborosa empanada coa alegría de ter superado a terceira parte da ruta sen que pareza que “sexa para tanto”. Cando chegamos os últimos comeza a papatoria e comentamos, sen moita preocupación, que imos moi mal de tempo, apenas hora e pico sobre o horario previsto.

Comézase cun arranque doado e afróntase a segunda subida esixente en que xa non hai piedade. Xa nos deixou o grupo matutino e a dixestión non impide que os craks se lancen a roer as costas cara os montes da Pastoriza. A subida á Cruz de Cela fai que algúns xa noten os quilómetros.

Nesta zona, ás 3 da tarde, a sombra agradécese pero a ancha pista agacha repeitos esixentes. Xa estamos no corazón dos montes do Morrazo. Rematamos visitando a aldea de Pastoriza para que unha suave subida nonspresente a panorámica clarísima da ría de Pontevedra e Ons, coa brétema outra vez amosando un mar de nubes introducíndose cara o interior da ría. A esta altura xa houbo moitas averías pero a baixada, que comeza nun fascinante carreiro por montes pelados e vistas ao norte, provoca trillazos, cambios de patillas e ata un cambio de cable de cambio. As múltiples averías seguen separándonos e chegamos a Marín sobre as 5 da tarde.

Os 6 quilómetros para subir ao lago de Castiñeiras son, para moitos, terreo de sufrimento, dor e calambres baixo un sol abrasador. Moitos tramos están desprotexidos na subida por pista sempre ciclable e dura faise interminable. Algúns deshidrátanse ou fanse conscientes da magnitude do reto cando a polvorienta pista amosa rampas máis empinadas tras cada volta.
Así chega o quilómetro 62, onde a terraza dun bar agasállanos con descanso, sombra, bocadillos e uns refrescos. Os biciosos darán conta de impoñentes xerras de cervexa e ata pulpo e unha cunca de viño. Moitos sufriron a subida pero saben que están nun punto en que xa non paga a pena atallar, abandoar ou rectificar. Parece que o GR59 xa está vencido pero quedará un complicado terreo rompepernas que minará, aínda máis, as forzas dos máis confiados.

Saímos alegremente acordando evitar máis reunificaciones porque as pernas comezan a estar cargadas, cada un xúntase ao seu grupo e ritmo… e comeza a ameazar unha chegada demasiado tardía. Quedan uns poucos quilómetros de camiños pechados por fértiles montes e, pronto, a baixada máis endureira, técnica e perigosa do día. As pedras grandes e irregulares que baixan polo río da Fraga formando escalóns e empedrados poñen a proba a capacidade de concentración tras máis de 7 horas polos camiños do Morrazo.

A delicia ou sufrimento da esixente baixada déixanos fronte ao penúltimo reto. Un par de quilómetros de subida asfaltada para, dende o mirador da Fraga, loitar cun quilómetro e medio de subida roldando o 20% con terreo irregular. Engánchase ao molinillo e imaxínase que é a última subida. Todos calados e agardando que a rampa visible sexa a última. O terreo complícase entre piñeiros e eucaliptos pero aprétase os dentes para non ter que poñer o pé a terra. Cando a vista se abre tamén o fan as esperanzas de chegar porque un descanso conduce a un descenso corto e divertido. A subida polo camiño xabarín xa é só unha anécdota e, cun pequeno esforzo, chégase á cruz de Hermelo. A longa baixada é un xusto premio a tantas penurias e xa non é complicado abordar a curtas subidas que quedarán ata o final.

Dende aquí todo son bromas e comentarios sobre a ruta porque xa estamos adentrándonos outra vez en Cangas. Chegamos das 8 en adiante á Praia de LIméns, que foi comezo da nosa aventura. Os que no-lo puidemos permitir, aínda ceamos no camping entre bromas e caras de poucos folgos para máis festa.
Un día inesquecible e repetible. Foi o comezo do renacer do GR59 para os moutainbikers que fixemos unha especie de acordo solemne que nos responsabiliza de que este incrible percorrido perviva e sexa disfutado polos amantes dar rutas maratonianas. Nunca máis permitiremos con que ameace con desaparecer unha das xoias que deberían ser a envexa dos biker da zonas máis reconditas. Longa vida ao GR 59.