Como nos gusta esta ruta! que ganas temos de repetila! Un clásico para os domingos de verán que nos encanta.
Un reto de máis de 60 quilómetros que temos que ir mellorando ano a ano incluíndo máis camiños, máis subidas, máis dureza e máis quilómetros, a ver se podemos acabar convertíndoo noutra quedada….. isto hai que ilo vendo.
En particular a versión que se enlaza, en que Roqueponte nos guía por unha nova subida dende Vilaboa é espectacular. Non chegamos ata as antenas, por iso teño ganas de repetila chegando ata arriba de todo, a máis de 600 mts, e así quédanos un percorrido espectacular.
Eu creo que en Xuño vai cair esta maravilla:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=1236964&measures=off&title=off&near=off&images=off&maptype=S

Pensaba que se ía ver o mapa pero non, aquí vai o enlace. Xa o digo, hai que melloralo, eu quero subir ás antenas de Domaio.

Enlace co track para baixarse